Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2017

Presentación en Ferrol de “Galegocalantes e galegofalantes” de Carlos Callón

O venres, 12 de maio, 2017, ás 20,00 horas, na libraría Galiano, rúa Galiano, 15, Ferrol, terá lugar a presentación do libro Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón. Este acto está organizado pola Sociedade Cultural Medulio.

Palabras e vibracións enguedelladas cunha fonda mestría: «A cadencia da fractura», de Isaac Xubín. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou recolle no seu blog unha recensión crítica que publicou no Diario de Pontevedra  sobre o libro de poemas A cadencia da fractura, de Isaac Xubín.

María Reimóndez: «O meu poemario fala da memoria, da identidade persoal, do colectivo, do territorio e da ecoloxía»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Jaureguizar á escritora María Reimóndez, gañadora da XX edición do  Premio de Poesía Johán Carballeira coa súa obra Galicia en bus. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta», de Ledicia Costas, libro máis vendido de literatura xuvenil no Taboleiro do Libro Galego

O Taboeiro do Libro galego, creado e ideado por Ramón Nicolás faise agora desde o blog Cicloxénese expresiva, que recolle a listaxe dos libros máis vendidos durante os meses de abril a partir da información proporcionada por 8 librarías galegas. O libro máis vendido no apartado de literatura xuvenil é Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas.

«A cadencia da fractura», de Isaac Xubín, libro máis valorado na Tabela dos Libros de abril

O libro de poemas  A cadencia da fractura, de Isaac Xubín, é o libro máis recomendado no mes de abril pola crítica da Tabela dos Libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

María Reimóndez, Premio de Poesía Johán Carballeira co libro «Galicia en bus»

A escritora María Reimóndez resultou gañadora esta fin de semana da XX edición do  Premio de Poesía Johán Carballeira que convoca o Concello de Bueu e publica Xerais. O xurado, constituído polas escritoras Pura Tejelo e Antía Otero, e o escritor e crítico Ramón Nicolás, acordou conceder por maioría o premio á obra Galicia en bus, que resultou ser da autoría de María Reimóndez.

Estilo directo, con humor, por veces poético, con explicacións e reflexións: «Terra», de Xurxo Mariño. Artigo de Manuel Veiga

Manuel Veiga Taboada publicou en Biosbardia un artigo sobre o o libro Terra, de Xurxo Mariño, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo.   De Estrabón a Xurxo Mariño, os cambios de perspectiva na literatura galega de viaxes A evolución dun país quizais poida ser vista tamén a través dos cambios que se producen nas súas crónicas de viaxes.

Presentación en Ponteareas de “O espello do mundo” de Ramón Nicolás

O venres, 12 de maio, ás 20:30 horas, na Salón de Plenos do Concello de Ponteareas, terá lugar a presentación do libro O espello do mundo de Ramón Nicolás. No acto, organizado dentro do programa “Venres D_letras”, participarán Manrique Fernández, Manuel Bragado e Ramón Nicolás.

Presentación na Coruña de “Galegocalantes e Galegofalantes” de Carlos Callón

O xoves, 11 de maio, ás 20:00 horas, na Asociación Veciñal Agra de Orzán, rúa Entrepenas, 38, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Galegocalantes e galegofalantes de Carlos Callón No acto, organizado en colaboración coa livraria Suévia, participarán Ana Martíns, Pilar García Negro e Carlos Callón.

A poesía militante dun poeta popular: «Versos dun fistor republicano»», de Xesús Alonso Montero. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poemas Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo, de Xesús Alonso Montero (Antoloxía: 1963-2016). Foto: Manuel / La Voz de Galicia.

25 contos inesperados, divertidos, sorprendentes: «Cámbiache o conto», de Pinto & Chinto. Crítica de Carmen Ferreira

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Carmen Ferreira sobre sobre o libro infantil Cámbiache o conto, de Pinto & Chinto. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Crónica da presentación da novela «Once portas», de Héctor Cajaraville, no blog Palabra de Gatsby

O blog Palabra de Gatsby publicou unha crónica de David González Domínguez sobre a presentación da novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016.   Presentación: Héctor Cajaraville, Once Portas.