Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2017

Imprescindible para traballar a plástica, o street art, a poesía, a imaxe, a solidariedade, a inclusión: «Avións de papel», de Xavier Estévez. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre o libro Avións de papel, de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso.   Voar con papel Chegou ao souto o último de Marcos Viso e Xavier Estévez, Avións de papel, finalista do Premio Merlín 2016 e publicado por Xerais. Gratamente sorprendidos no souto pola súa prosa, cargada de lirismo, cunha historia orixinal e innovadora.

Unha reflexión sobre o mundo actual que entra pola porta grande no álbum ilustrado: «Sementes», de Sonia García Vidal. Crítica de Raquel Senra Fernández

O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión de Raquel Senra Fernández sobre o álbum ilustrado Sementes, de Sonia García Vidal, que inclúe un CD con banda sonora. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela de intriga, híbrida, entre a ficción e a historia: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016.

Libro axeitado para ler marabillosamente na terra da chuvia: «De paraguas», de Paco Martín. Crítica de Verónica Pousada

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Verónica Pousada Pardo sobre sobre ao libro De paraguas, de Paco Martín, escrito a partir de fotografías de Daniel Puente Bello. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Reviravolta nunha novela curta moi recomendable que sorprende: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre a novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016.     Once portas Héctor Cajaraville sorpréndenos con esta novela curta, Premio de Narrativa curta Ánxel Fole o ano pasado, Once portas publicada por Xerais.

Isaac Xubín: «Quero que a miña tribo sobreviva e unha das razóns pola que escribo é para berrar que estamos vivos»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xesús Fraga ao escritor Isaac Xubín.

Presentación na Estrada de “O cuarto das abellas” de Antía Otero

O venres, 5 de maio, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do MOME, A Estrada, terá lugar a presentación do libro O cuarto das abellas de Antía Otero. No acto, organizado pola Asociación Cultural Vagalumes, intervirán Chus Nogueira, crítica literaria; Susana Arins, escritora e Antía Otero.

Tertulia do Club de Lectura de Radiofusión sobre o libro de poemas «A boca da terra», de Manuel Rivas

O Club de lectura Radiofusión escolleu o libro de poemas A boca da terra, de Manuel Rivas. As valoracións dos asistentes poden escoitarse ou descargarse en audio nesta ligazón.

Que entendemos por arte? Un libro que engancha ao lectorado: «Avións de papel», de Xavier Estévez. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre o libro Avións de papel, de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso, é unha novidade da colección Merlín (De 11 anos en diante).   Avións de papel Dentro da colección Merlín da editorial Xerais podemos atopar esta Avións de papel de Xavier Estévez con ilustracións de Marcos Visoque foi finalista o ano pasado deste premio.

Moi notable novela: «Aníbal e a pintora», de Xabier Paz. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Aníbal e a Pintora, de Xabier Paz. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Amadeo Cobas: «Hai que acompañar a calidade literaria coa busca de lectores»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil ao escritor Amadeo Cobas, autor da novela A cacería, gañadora do V Premio Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira   Amadeo Cobas: «Hai que acompañar a calidade literaria coa busca de lectores» Amadeo Cobas (Noia, 1966) é escritor, crítico literario, activista cultural e entusiasmado da lectura.