Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2017

Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo, premios Xerais 2017

Na illa de San Simón, no concello de Redondela, o sábado, 3 de xuño, anunciouse o ditame da XXXIVª edición do Premio Xerais de Novela, a IXª edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e a XXXIIª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, todos os tres premios dotados con 10.000 euros cada un deles. Esta festa literaria consistiu nun acto literario-musical, celebrado no Auditorio da illa de San Simón.

Xurxo Souto: «As nosas historias son fascinantes, cómpre escoitar o veciño para atopar a marabilla»

O xornal La Opinión publica unha entrevista de Gemma Malvido ao escritor e  músico Xurxo Souto, que hoxe venres día 2 de xuño presenta 4ª edición de Contos da Coruña. Será ás 20 horas na Casa da Chencha (rúa San Xosé nº 2, A Coruña). O acto contará, ademais, coa poética e erudición de Xulio Montero. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha historia necesaria, de superación e de construción da identidade: «Corredora», de María Reimóndez. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Corredora, de María Reimóndez.   Recensión: María Reimóndez, Corredora A necesidade de contar a historia da subalternidade é un elemento transversal a toda novela social na actualidade.

Iria Misa: «Escribir o mundo de Ánxela foi botar unha ollada a aqueles anos intensos e cheos de sensacións»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez á escritora Iria Misa sobre  a novela Xa non estou aquí, de Iria Misa, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2016.

Cuarta edición do Encontro Dragal con Elena Gallego Abad no Pico Sacro

Estas semana celebrouse no Pico Sacro, unha nova edición do Encontro Dragal, coa presenza da escritora Elena Gallego Abad. Reproducimos a información e fotografía de El Correo Gallego.

Manuel Bragado: «Máis de 350 persoas participaron nos distintos xurados dos Premios Xerais. Velaí o protagonismo da sociedade lectora»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Manuel Bragado, director de Xerais. (Fotografía de Eli Regueira). A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Hábil manexo dos arquetipos da novela de intriga: «O Códice esmeralda», de Alberte Blanco. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela O Códice esmeralda, de Alberte Blanco. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha mirada íntima que cuestiona os xéneros: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas Terraza, de Fran Alonso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Gougue: «O humor de Floreano é un humor de taberna, que chega a todo o mundo»

O programa Fin de Semana da TVG emitiu unha entrevista con Gogue, sobre o seu libro de tiras de humor Floreano, que acaba de publicar Xerais. A entrevista pode verse no minuto 29:15.