Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2017

As perspectivas da guerra na literatura infantil e xuvenil: «Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX», da Red Temática de Investigación LIJMI»

O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Ana Fernández Mosquera sobre o libro Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX é un estudo da Red Temática de Investigación LIJMI. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

O escritor Francisco Coimbra estará o xoves 29 na Casa da Lectura de Gondomar con «Crónica Córnica»

O escritor  Francisco Coimbra estará próximo o xoves 29 de xuño na Casa da Lectura, en Gondomar, coa súa novela  Crónica Córnica, participando no Club de Lectura Sete Vidas, de Espazo Lectura.

Videopoema elaborado a partir dun texto de «O cuarto das abellas», de Antía Otero. Con Isaac Garabatos

Reproducimos un videopoema elaborado a partir dun texto do libro O cuarto das abellas, de Antía Otero.

Pedro Feijoo: «A verdadeira historia da Reconquista de Vigo daría a ela soa para mil novelas»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Pedro Feijoo sobre a súa novela Os fillos do lume. (Foto de Eli Regueira / Faro de Vigo). A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Xerais na Feira do Libro de Vigo 2017

Do xoves, 29 de xuño ao sábado, 8 de xullo terá lugar na Porta do Sol viguesa, ao pé so Sireno, a Feira do Libro de Vigo 2017 na que Xerais terá un variado programa: Día 29 de xuño, xoves 12:30 h.: Pregón de Carlos Núñez. Día 3 de xullo, luns 19:45 h.: Presentación de Os fillos do lume  de Pedro Feijoo con Ledicia Costas. Ao remate, sinatura. 20:00 h.: Paco Barreiro asinará Beixos de lingua. 20:30 h.

Premios Xerais 2017. Entrevistas en vídeo: Lucía Cobo, membro do xurado do Premio Merlín de Literatura Infantil

Engaiolante atmosfera de naturalidade: «Avións de papel» de Xavier Estévez. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela infantil Avións de papel, de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha lectura amena e entretida: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela a novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Premios Xerais 2017. Entrevistas en vídeo: Lois Pérez, membro do xurado do Premio Xerais de Novela

Presentación en Bueu de “Os fillos do lume” de Pedro Feijoo

O xoves, 29 de xuño, 2017, ás 21,00 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa, rúa Eduardo Vincenti, 2 de Bueu, terá lugar a presentación do libro Os fillos do lume de Pedro Feijoo. No acto, organizado en colaboración coa librería Miranda, participarán Manuel Bragado e Pedro Feijoo.

Pedro Feijoo: «’Os filos do lume’ está a cabalo entre a novela histórica e o thriller»

O xornal La Opinión publicou unha entrevista de Alicia Pardo ao escrito Pedro Feijoo sobre a súa novela novela Os fillos do lume.   «Soy un tramposo. Mis novelas parecen solo entretenimiento, pero llevan a un mensaje» «En Galicia tenemos un millón de historias que recuperar.

Presentación en Pontevedra de “22 segundos” de Eva Mejuto

O mércores, 28 de xuño, 2017, ás 20:30 horas, na Casa da Luz de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro 22 segundos de Eva Mejuto no que participarán Marcos Ceive, Éric Dopazo, Manuel Bragado e a autora e contará co acompañamento musical do grupo Canela Cafuné.