Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2017

Booktráiler de «Os fillos do lume», de Pedro Feijoo

Reproducimos o booktráiler de Os fillos do lume, de Pedro Feijoo, que chegará ás librarías neste mes de xuño.

A novela «As horas roubadas», de María Solar, Premio Frei Martín Sarmiento

A novela As horas roubadas, de María Solar, resultou gañadora na XIII edición dos Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos. Os premios Frei Martín Sarmiento, que chegan este ano á súa décimo terceira edición, recoñecen obras literarias en galego seleccionadas polo alumnado e as familias dos centros da Federación Española de Relixiosos do Ensino de Galicia-Centros Católicos.

Presentación de “O Códice esmeralda” de Alberte Blanco en Vilaboa

O venres, 16 de xuño, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Riomaior, Vilaboa, terá lugar a presentación do libro O Códice esmeralda de Alberte Blanco. No acto participarán Ornela Fernández Salgado, tenente alcalde do concello de Vilaboa; Manuel Bragado e Alberte Blanco.

Suso de Toro volve á ficción tras sete anos coa novela dun cirurxián

O xornal El Progreso publicou unha información do xornalista e escritor Jaureguizar sobre Suso de Toro. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xosé Ramón Pena: «Vilar Ponte dicía que se Cabanillas fose norteamericano sería Walt Whitman»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Salvador Rodríguez ao escritor e investigador Xosé Ramón Pena, recementente recoñecido co Premio Ramón Cabanilas en Cambados. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Cambados de “Floreano” de Gogue

O mércores, 14 de xuño, ás 20:30 horas, en Exposalnés de Cambados, terá lugar a presentación de Floreano de Gogue. Participarán Manuel Bragado e Gogue. Colaboran as librarías Ramón Cabanillas e Contos.

Manuel Lourenzo González, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017, primeiras entrevistas

Damos conta das primeiras entrevistas Manuel Lourenzo González sobre a súa novela Ceiba de luz, gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017.

O peso ingrávido da poesía, o seu roce secreto: «A cadencia da fractura», de Isaac Xubín. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas A cadencia da fractura, de Isaac Xubín, Premio Lueiro Rey de Poesía. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha narrativa magnética: «4_xinetes», de Anxo Fariña. Crítica de Dolores Martínez

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Dolores Martínez Torres sobre a novela 4_xinetes, de Anxo Fariña. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A palabra humanista nunha poesía de ollada serena: «A elegancia do século», de Pura Tejelo. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poemas A elegancia do século, de Pura Tejelo, Premio Johán Carballeira, 2016. Este libro non merece esquecerse nun caixón A elegancia do século, da escritora coruñesa Pura Tejelo, acadou o Premio Johan Carballeira de poesía.

Xurxo Souto: «A proba definitiva de que A Coruña e Vigo son as mesma cidade é que Abel Caballero quere ser Paco Vázquez»

O xornal Sermos Galiza publicou unha reportaxe sobre o libro Contos da Coruña de Xurxo Souto, que mañá sábado se presenta ás 12:00 horas na libraría Berbiriana, libros e grolos (rúa Santiago, 7).

María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, primeiras entrevistas

Damos conta das primeiras entrevistas a  María Canosa, autora de Muriel, obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017:   María Canosa: «Muriel é un cativo que sente unha dor porque hai unha persoa na súa vida que falta», (Telexornal Serán TVG, 03-06-2017) María Canosa: «Unha boa historia non precisoa máis que un fío ben tecido», (Faro de Vigo, 4-05-2017).