Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2017

A soidade, o silencio, a esperanza e Edward Hopper: «Avións de papel» de Xavier Estévez. Crítica de Pilar Sampredro

O blog Café Barbantia publicou unha recensión crítica de Pilar Sampredro sobre a novela infantil Avións de papel, de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso.

Proxectar a visión poética interior na vida exterior e os códigos QR: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de X. M. Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre o libro de poemas  Terraza, de Fran Alonso.   A visión poética dunha terraza É relativamente frecuente que o simple se volva complexo, que o que parecía unha cara se volva un poliedro. A primeira vista Terraza, de Fran Alonso, parece un libro testamentario da realidade cotiá que se vive nunha terraza de Vigo.

Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017, primeiras entrevistas

Damos conta das primeiras entrevistas a Santiago Lopo que se publican, autor de A arte de trobar, gañadora do Premio Xerais de Novela 2017:   Santiago Lopo: ««Escribo pensando no que a min me gustaría ler»», (Faro de Vigo, 04-06-2017).

«Corredora», de María Reimóndez, o libro de literatura xuvenil máis vendido en maio

O blog Cicloxénese expresiva, publica unha listaxe dos libros máis vendidos durante en maio a partir da información proporcionada por 7 librarías galegas. O libro máis vendido no apartado de literatura xuvenil é a novela Corredora, de María Reimóndez.

Manuel Lourenzo: «Gústame ambientar as miñas historias moi lonxe de aquí, aínda que son unha persoa moi pouco viaxeira»

O Diario Cultural da Radio Galega publicou unha entrevista de Xiana Arias a Manuel Lourenzo González sobre a súa novela Ceiba de luz, gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

María Canosa: «O protagonista da miña novela, Muriel, auna sensibilidade e fortaleza ao tempo»

O Diario Cultural da Radio Galega publicou unha entrevista de Xiana Arias a María Canosa sobre a súa novela Muriel, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Santiago Lopo: «O principal obxectivo da miña novela foi traer á actualidade o noso cancionero medieval»

O Diario Cultural da Radio Galega publicou unha entrevista de Ana Romaní a Santiago Lopo sobre a súa novela A arte de trobar, gañadora do Premio Xerais de Novela 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Xosé Benito Reza: «A novela descubre as luces e as sombras dun tempo en que as nosas vilas brillaban pletóricas no universo das aldeas»

O xornal La Región publicou unha entrevista de Lidia Rey a Xosé Benito Reza sobre a súa novela Terradentro.     «Talvez os nosos fillos sexan quen de devolver o brillo á Galicia rural» Terradentro é a súa primeira incursión na narrativa Xosé Benito Reza sempre tratou de unir as súas dúas vocacións: a protección da natureza e da paisaxe e a literatura. Leva anos escribindo sobre a súa profesión.

Reportaxe sobre os Premios Xerais no ZigZag da TVG

O programa ZigZag da TVG emitiu unha reportaxe sobre o fallo e a entrega dos Premios Xerais aos seus gañadores na Illa de San Simón. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

O escritor e investigador Xosé Ramón Pena recibiu en Cambados o Premio Ramón Cabanillas

O escritor e investigador Xosé Ramón Pena, recibu a pasada semana o Premio Ramón Cabanilas que concede o Concello de Cambados en colaboración coas librarías da vila.

Presentación de “Contos da Coruña” de Xurxo Souto

O sábado, 10 de xuño, 2017, ás 12:00 horas, en Berbiriana libros e grolos, rúa Santiago, 7, A Coruña, terá lugar un “momento coruñento” con motivo da presentación da 4ª edición do libro Contos da Coruña de Xurxo Souto.

Un libro que destaca pola súa solidariedade social: «Exhumación», de Marcos Abalde Covelo. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o poemario Exhumación, de Marcos Abalde Covelo.     Exhumación  Marcos Abalde Covelo gañou o IV Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey con Exhumación, publicado por Xerais. Un libro que destaca pola súa solidariedade social, polo apoio aos desfavorecidos, por poñer en palabras aquilo que ás veces preténdese agochar entre as tebras da ausencia.