Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2017

Unha catarata de recursos expresivos para brincar coa poesía: «Beixos de lingua», de Paco Barreiro. Crítica de Román Raña

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro de poemas Beixos de lingua, de Paco Barreiro. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha lectura apaixonante: «Os fillos do lume», de Pedro Feijoo. Crítica de Montse Pena Presas

Montse Pena Presas publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela   Os fillos do lume, de Pedro Feijoo. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xosé Benito Reza: «Na novela reinvento tres historias: un asasinato, a busca dun tesouro e un feito vandálico»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena ao escritor Xosé Benito Reza sobre a súa novela Terradentro. (Foto do autor: J. V. Landín). A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación de “O xogo de Babel” en Bueu

O martes, 11 de xullo, 2017, ás 21,00 horas, na Sala Amalia Domínguez Búa, rúa Eduardo Vincenti, 2 de Bueu, terá lugar a presentación do libro O xogo de Babel de Elena Gallego Abad. No acto, organizado pola librería Miranda, participarán Anxo González Guerra, Manuel Bragado e a autora.

Dous libros vigueses: «Vigo metropolitano na Galicia céltica» de Carlos Núñez e «Os fillos do lume» de Pedro Feijoo

O xornalista Fernando Franco fala, no seu artigo de Faro de Vigo de hoxe, de dous libros que acaba de publicar Xerais: Vigo metropolitano na Galicia céltica de Carlos Núñez e Os fillos do lume de Pedro Feijoo.   Núñez y el Vigo de ayer Se hace saber que tengo entre manos cuatro libros y todos tienen a Vigo como referencia, aunque del cuarto, de Amara Castro, hablaré mañana.

Unha novela necesaria: «22 segundos», de Eva Mejuto. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela 22 segundos, de Eva Mejuto.   Recensión: Eva Mejuto, «22 segundos» Dentro da semana mundial do orgullo LGTBI non hai mellor forma de falar dun tema necesario no mundo actual que non sexa a través da literatura.

Pedro Feijoo: «Xogo coa ambigüidade de non saber onde remata a realidade»

O xornal Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena ao escritor Pedro Feijoo sobre a súa novela Os fillos do lume. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Versos escritos ao pé da rúa: «Terraza», de Fran Alonso. Recensión no blog Tartaruga máxica

Luz González Prieto publicou no seu blog Tartaruga máxica unha recensión sobre o libro de poemas  Terraza, de Fran Alonso.     Terraza + Valparaiso with Phoebe Killdeer Empieza el mes de julio. Cambio la página del calendario, otra imagen que estará ahí un mes. El tiempo avanza rápido. Se resbala la taza del soporte y se astilla la parte superior. El olor del café recién hecho por toda la casa.

Presentación en Carballo de “Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro” de Xosé Mª Lema

O venres, 7 de xullo, 2017, ás 20:00 horas, na Praza dos Libros de Carballo, terá lugar a presentación do libro Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro de Xosé Mª Lema. No acto acompañará ao autor Xosé Manuel Varela Varela.

Beber nas fontes da vida e dos soños: «Un mundo de palabras», de Agustín Fernández Paz

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Xesús Fraga sobre o libro Un mundo de palabras, de Agustín Fernández Paz, é unha   Beber nas fontes da vida e dos soños «Un mundo de palabras» reúne textos de Agustín Fernández Paz sobre a lectura e a literatura Álvaro Cunqueiro afirmaba que as persoas necesitaban dos soños tanto coma da auga.

Un tema necesario: «22 segundos», de Eva Mejuto. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela 22 segundos, de Eva Mejuto.   22 segundos Cando remata o curso síntome tan cansa que non teño nin folgos para ler, e temo que esa “crise lectora” perdure. Pero lin 22 segundos dun grolo, así que teño a esperanza de dala por rematada.

Antón Cortizas: «A utopía permítenos buscar a bondade»

Radiofusión emitiu unha entrevista a Antón Cortizas, sobre a súa novela Leonel, gravada en Radio Fene. A entrevista pode escoitarse ou descargarse nesta ligazón.