Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2017

Suso de Toro: «O conxunto da miña obra ten unha preocupación pola transcendencia»

O xornal dixital Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico ao escritor Suso de Toro. (Foto de Suso de Toro:  CC BY-SA A. Navarro).   Suso de Toro: «Como autor, son moi existencial. Trato temas moi radicais, con distintas estéticas» Suso de Toro anunciara, hai sete anos, que deixaba a profesión de escritor. Mais non era doado de crer, tras tantos anos de andaina nas letras galegas, e con non pouco impacto nelas.

Gogue e o universo de Floreano. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Floreano de Gogue.   Gogue e o universo de Floreano Onte ás dez da noite presentamos Floreano, o libro de humor gráfico de Gogue, na praza do concello de Ribadumia.

A realidade enriba da mesa: «22 segundos», de Eva Mejuto. Crítica de Eli Ríos

Eli Ríos publicou en A Sega unha recensión sobre a novela 22 segundos, de Eva Mejuto.   «22 segundos», por Eli Ríos “O que non se di é coma se non existise, dixéralle o avó un día, e xa ían sendo horas de existir. Alex, ata o de agora, só vivira de portas para dentro” ( p.9). Estas primeiras liñas coas que comeza a novela de Eva Mejuto xa nos sitúan nunha temática de “portas para dentro”.

Un mundo máxico onde todo é posible: «Reckless. O fío de ouro», de Cornelia Funke. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela Reckless. O fío de ouro, de Cornelia Funke, traducida por María Seisdedos.   A volta de Cornelia Funke Xa está aquí o agardadísimo terceiro volume da pentaloxía que Cornelia Funke emprendeu con Reckless.Carne de pedra e Reckless. O espírito do cabaleiro.

Presentación en Gondomar de “Os fillos do lume” de Pedro Feijoo

O mércores, 5 de xullo, ás 20:30 horas, na libraría Libraida de Gondomar, terá lugar a presentación da novela Os fillos do lume de Pedro Feijoo.

Entrevista a Elena Gallego no ZigZag sobre a súa novela «O xogo de babel»: Unha historia romántica e de viaxes

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista con Elena Gallego Abad sobre a súa nova novela O xogo de Babel. A entrevista pode verse nesta ligazón.