Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2017

Héctor Cajaraville: «Ter contacto cos lectores é a cousa máis bonita que lle pode pasar a un escritor»

Nós Televisión emitiu unha entrevista ao escritor Héctor Cajaraville para o programa «Cámara Branca».

Tensión amorosa de alta voltaxe: «O xogo de Babel», de Elena Gallego Abad. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad.     Elena Gallego Abad, O xogo de Babel Elena Gallego é unha das autoras máis recoñecidas da literatura galega actual no eido da fantasía. A saga de Dragal conquista cada ano a milleiros de lectores e a calidade das súas historias e mundos e sorprendente.

Unha novela atlántica: «O Códice esmeralda», de Alberte Blanco. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela O Códice esmeralda, a novela de Alberte Blanco.

Un libro para poñerse de bo humor no verán: «Floreano», de Gogue. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da crítica unha recensión sobre o libro de tiras de humor Floreano, de Gogue.

Novela recomendable: «22 segundos», de Eva Mejuto. Crítica de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre a novela 22 segundos, de Eva Mejuto.   «22 segundos», de Eva Mejuto Edicións Xerais achégalles aos lectores adolescentes esta novela, pioneira no tratamento da temática da transexualidade dentro da nosa LIX.

Elena Gallego Abad: «Esta novela é especial»

A emisora Onda Cero emitiu unha entrevista con Elena Gallego Abad sobre a súa nova novela O xogo de Babel. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón a partir do minuto 0:37.

Do neno Leliño ao poeta Manuel Antonio. Unha biografía fascinante

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Xesús Fraga sobre a biografía Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos.

Xabier Quiroga: «Todo o rastro nazi en Galicia leva cara Vigo, daría para moitas novelas»

Vigoé publicou unha entrevista de Antonio García ao escritor Xabier Quiroga sobre a novela Izan o da saca.

Un libro oportuno de compromiso coa lectura: «Un mundo de palabras», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o libro Un mundo de palabras, de Agustín Fernández Paz. A recensión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

As mareas dun poeta irrepetible: «Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía», de Xosé Luís Axeitos. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da biografía Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos.