Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2017

Eli Ríos: «Procuraba unha obra que chegase directamente ao hipotálamo»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Belén Bouzas a Eli Ríos, sobre a novela Luns, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016. (Foto: Eduardo Castro). A entrevista pode lerse en pdf nesta ligazón.

Delicioso libro: «A señorita Bubble», de Ledicia Costas. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela A señorita Bubble, de Ledicia Costas, publicada na colección infantil Sopa de Libros.   A señorita Bubble Cando rematei de ler este novo e delicioso libro de Ledicia Costas publicado por Xerais, cavilei na enorme sorte que teñen os nosos nenos e nenas por contar cunha literatura infantoxuvenil galega deste nivelón.

A vella Coruña: «Suite Artabria», de Manuel Lourenzo. Crítica de Mario Regueira

O xornal Sermos Galiza publicou unha recensión crítica de Mario Regueira sobre o libro Suite Artabria, de Manuel Lourenzo, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2016. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela impactante e arriscada: «Luns», de Eli Ríos. Crítica de Manrique Fernández

O xornalista e escritor Manrique Fernández publicou no seu blog, O meu andel, unha recensión crítica sobre a novela Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016.

Reivindicar o papel das mulleres na ciencia e na tecnoloxía: «A señorita Buble», de Ledicia Costas. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela A señorita Bubble, de Ledicia Costas.     «A señorita Bubble» de Ledicia Costas en Cartabón Non vai ser doado esquecer a presentación de onte na Libraría Cartabón do Calvario d’ A señorita Bubble, o libro máis recente de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide.

Presentación en Marín de “O xogo de Babel” de Elena Gallego Abad

O venres, 29 de setembro, 2017, ás 20:00 horas, no Museo Manuel Torres, avda. Ourense, 3, Marín, terá lugar a presentación da novela O xogo de Babel de Elena Gallego Abad. No acto, organizado polo Ateneo Santa Cecilia, participarán Susana Arizaga, Manuel Bragado e Elena Gallego Abad.

Unha obra con forte valor simbólico e universal: «O valo», de Carlos Labraña. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a obra de teatro infantil O valo, de Carlos Labraña, IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Ferrol de “Contos da Coruña” de Xurxo Souto

A sexta feira, 29  de setembro, ás 20:30 horas, na sede da Fundaçom Artábria, Travessa de batalhons, 7, Esteiro, Ferrol terá lugar a presentación do libro de Xurxo Souto Contos da Coruña. O acto está organizado pola Fundaçom Artábria.

«O xogo de Babel», de Elena Gallego Abad, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad. O programa pode verse nesta ligazón.

Presentación en Oza de “Contos da Coruña” de Xurxo Souto

O xoves, 28 de setembro, ás 19:30 horas, na biblioteca do Forum, terá lugar a presentación do libro de Xurxo Souto Contos da Coruña. Unha viaxe ao fondo da memoria da cidade. O acto está organizado pola Asociación de Veciños Oza Gaiteira os Castros e o Concello da Coruña.

Roteiro «Polos Camiños de Bernardino Graña», polos camiños do neno mariñeiro, en Cangas

A AELG e a Deputación de Pontevedra promoven un roteiro «polos Camiños de Bernardino Graña», guiado por Heitor Mera, que percorre moitos dos lugares de referencia do seu recentísimo libro O neno mariñeiro, que acaba de publicar Xerais. A información pode consultarse neste pdf do Faro de Vigo.

Horizontes renovadores: «A hora de espertarmos xuntos», de Kirmen Uribe. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre a novela A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe.