Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2017

O Vigo dos vencedores cunha historia de amor homosexual: «Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo. Opinión crítica de Malores Villanueva

O programa Chamando á terrra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Malores Villanueva sobre a novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

Ledicia Costas: «A señorita Bubble é unha inventora moi intelixente e incomprendida que viste de xeito extravagante»

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar á escritora Ledicia Costas sobre a novela A señorita Bubble. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha historia entretida e ben tecida da que se falará moito: «A señorita Buble», de Ledicia Costas. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela  A señorita Bubble, de Ledicia Costas, publicada na colección infantil Sopa de Libros.     Ledicia Costas, «A señorita Bubble» Non é casualidade que a volta ó cole sexa sinónimo dunha nova publicación de Ledicia Costas.

Narrativa afiada, de frases breves e vibrantes: «Luns», de Eli Ríos. Crítica de Ramón Rozas

O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra unha recensión crítica sobre a novela Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Moi recomendable para a escola: «O valo», de Carlos Labraña. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre o libro O valo, de Carlos Labraña, ilustrado por Nuria Díaz.   Derrubando valos, mirando as estrelas Comezamos o curso cheos de enerxías renovadas despois dun merecido descanso, con ganas de ler mil follas coa chegada do outono, de inzar de castañas os soutos todos.

Manuel Lourenzo González: «Escribo para devolverlle algo á vida»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López ao escritor Manuel Lourenzo González sobre a súa novela Ceiba de luz, gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017. (Foto: David Freire / Diario de Pontevedra). A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «O segredo do avó», de Carles Cano. Inventando contos!

O segredo do avó, de Carles Cano, é unha novidade de Xerais. Está ilustrado por Federikco Deliciado e traducido por Anaír Rodríguez. María e Miguel gustan dos contos que o seu avó Nicolás inventa para eles. Un día pregúntanlle en que se inspira para crealos. El dilles que saen do seu cerebro e que sería capaz de inventar tantas historias como pelos ten na cabeza.

Cando a literatura ten que ver coas pulsións humanas: «Luns», de Eli Ríos. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela  Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016.

Personaxes vívidas e vibrantes: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Premio Xerais de Novela 2017. Recensión de Diana Pastoriza

Diana Pastoriza, profesora de inglés na EOI e asesora TIC no CAFI e membro membro do xurado do Premio Xerais de Novela 2017, publicou no seu blog, Palabras da man ao corazón, unha anotación sobre a novela gañadora, A arte de trobar, de Santiago Lopo. A novela galardoada co Premio Xerais 2017 chegará ás librarías o día 12 de outubro.

O espazo milenario da cultura celta: «Vigo metropolitano na Galicia céltica», de Carlos Núñez. Crítica de Laura Caveiro

Laura Caveiro publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro Vigo metropolitano na Galicia céltica, de Carlos Núñez, ilustrado por Evaristo Pereira, A recensión pode lerese ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Bautista Álvarez, escritor galego. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o perfil como escritor de Bautista Álvarez. Xerais súmase ao pesar e ás condolencias polo seu falecemento.

Presentación en Vigo de “A señorita Bubble” de Ledicia Costas

O venres, 22 de setembro, 2017, ás 20,00 horas, na librería Cartabón, rúa Urzáiz, 125, Vigo, terá lugar a presentación do libro A señorita Bubble de Ledicia Costas. No acto participarán Icía Roca, Iolanda Veloso, Manuel Bragado e Ledicia Costas.