Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2017

Unha novela que golpea desde a primeira liña: «Luns», de Eli Ríos. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016.   Luns Aínda que non sexa luns, falamos de Luns de Eli Ríos, editado por Xerais. Luns como o comezo, o principio, o primeiro día da semana. E logo? Ir máis alá, avanzando dende a dor. Porque Eli Ríos golpea dende a primeira liña, non deixa risco para evadirse da desesperanza.

Atractivas historias do cotián na praia: «Debaixo dun parasol», de Azucena Arias Correa. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro infantil Debaixo dun parasol, de Azucena Arias Correa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “Demos de verán” de Miguel Vázquez Freire

O mércores, 20 de setembro, 2017, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, Praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación da novela Demos de verán de Miguel Vázquez Freire. No acto acompañarán ao autor, Paula Carballeira e Manuel Bragado. Ao remate, Paula Carballeira e Chiqui Pereira lerán uns textos seleccionados do libro.

Un libro para soñar: «Contos e lendas arraianos», de José Rodríguez Cruz. Artigo de Xesús Ferro Ruibal

Xesús Ferro Ruibal, publicou na Tribuna da Real Academia Galega un artigo sobre o libro Contos e lendas arraianos, de José Rodríguez Cruz, ilustrado por Pilar Sevillano.   Xosé Rodríguez Cruz, o etnógrafo galego do terceiro milenio Xosé Rodríguez Cruz leva publicado máis de 2.000 páxinas sobre a cultura popular desa terra arraiana da Gudiña, do Riós e da Mezquita: terra arraiana con Portugal e con Zamora.

Novidade: «Nemo. O xigante de pedra», de Davide Morosinotto. Unha nova perigosa misión de Nemo!

O libro Nemo. O xigante de pedra, de Davide Morisinotto, é unha novidade de Xerais, traducida por traducida por María Alonso Seisdedos. Segunda entrega das aventuras de Nemo, o príncipe indio que oculta o seu verdadeiro nome para protexer a súa vida e a dos seus dous novos amigos, Ashlynn e Daniel.

Eli Ríos : «Luns é unha novela visceral, para sentir»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez á escritora Eli Ríos, que acaba de publicar a novela Luns.   Eli Ríos : «Luns é unha novela visceral, para sentir» Eli Ríos naceu en Londres ao mesmo tempo que o punk rock pero, ao pouco tempo, regresou ás terras de Ordes onde se criou. Despois de moitas voltas e reviravoltas decidiu instalarse ao pé do castro de Elviña.

Bases da XXI edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais

O Concello de Bueu convocou a XXI edición do Premio de Poesía Johán Carballeira, que publica Xerais. Admiten orixinais ata o 16 de xaneiro de 2018. As bases poden descargarse nesta ligazón.

Novidade: «O valo», de Carlos Labraña, IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil

O valo, de Carlos Labraña, ilustrado por Nuria Díaz, é unha novidade da Biblioteca Dramática galega, coeditada por Xerais e AGADIC. IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil, 2016 No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, o Soldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira.

Un libro imprescindible: «Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía», de Xosé Luís Axeitos. Artigo de Franco Grande

X. L. Franco Grande publicou no Fugas de La Voz de Galicia un artigo sobre a biografía Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos. O artigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

María Reimóndez, traducida á lingua Támil, presentou en Madurai o seu libro «Kallin Kadungkobam»

O pasado 2 de setembro, a escritora María Reimóndez presentou en Madurai, na India, o seu poemario A carraxe dunha pedra, que é a tradución ao támil, principalmente, do seu poemario  Presente continuo. A tradución é responsabilidade da poeta Thamizhachi e foi publicada pola editorial támil Uyirmai. O acto foi gravado pola canle de televisión Shruti TV, e durou arredor de tres horas.

Xerais súmase ao pesar polo facelemento da escritora Xohana Torres

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar as súas condolencias polo falecemento da escritora Xohana Torres (1931_2017), que se produciu onte en Vigo. Xohana Torres deixa tras de si un legado literario de primeirísima importancia para a literatura galega e atesoura unha obra que foi e continúa a ser capaz de dialogar cos textos literarios de agora e de sempre.

Calidade incuestionable, con intriga e suspense: «A caixiña dos rancores», de Héctor Cajaraville. Crítica de Carmen Ferreira

O xornal El Correo Gallego publicou unha crítica de Carmen Ferreira sobre a novela A caixiña dos rancores, de Héctor Cajaraville, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.