Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2017

Pedro Feijoo: «Resulta moi importante coñecer o pasado para comprender o presente»

O Diario Cultural da Radio Galega publicou unha entrevista de Xiana Arias ao escritor Pedro Feijoo sobre a súa novela Os fillos do lume. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Sentar e mirar de xeito case cinematográfico: «Terraza», de Fran Alonso. Crítica de Diana Pastoriza

O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre o libro de poemas  Terraza, de Fran Alonso.   Words in Books: «Terraza» Señores e señoras, mozos/as e anciá(n)s, lectores/as e non lectores/as: Vaise achegando o remate do verán. E que, ho? Non é motivo de tristura, pois achégase o bendito outono e a súa cálida decrepitude.

María Xosé Queizán analiza a relación de Rosalía co poder do sexo no seu novo libro

O xornal El Progreso publicou unha información sobre Rosalía de Castro e o poder sexual, o novo libro de María Xosé Queizán que chegará ás librarías a partir do 7  de setembro. A información pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

O alcalde de Compostela, Martiño Noriega, recomenda «Ruído de fondo», a poesía de Daniel Salgado

O xornal Infolibre publicou unha información de Raquel Maluenda sobre a recomendación que fai Martiño Noriega, alcalde de Santiago sobre o libro de poemas ruído de fondo, de Daniel Salgado. (Foto: Infolibre / E. P.

Un libro entretido e enxeñoso: «Beixos de lingua», de Paco Barreiro. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro de poemas  Beixos de lingua, de Paco Barreiro.     Paco Barreiro, Beixos de lingua A musicalidade da lingua galega é un dos aspectos que a fan tan interesante para ser un para a lírica. Neste libro, Paco Barreiro experimenta cos límites da lingua con especial incidencia no plano fonolóxico e morfolóxico.

Un xogo histórico ben feito: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre a novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha novela que engancha: «Os fillos do lume», de Pedro Feijoo. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre a novela Os fillos do lume, de Pedro Feijoo.    Unha novela que engancha Palabras máxicas as que titulan esta crítica. Dicir que un libro “engancha” é convidar directamente á súa lectura. E nós non quixemos agardar máis para facelo, porque quizá é o mellor resumo que dela se pode facer.

Agustín Fernández Paz, Manuel Rivas e Rosalía de Castro son os autores máis traducidos da literatura galega

Galicia Confidencial publicou unha reportaxe sobre o Catálogo da Tradución Galega, que funciona desde 2004 impulsado polo grupo Bitraga. Agustín Fernández Paz (con 116 traducións en 16 linguas), Manuel Rivas (89 traducións en 25 linguas) e Rosalía de Castro (33 traducións a 16 linguas).

Presentación en Vigo de “Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía” de Xosé Luís Axeitos

O martes 5 de setembro, 2017, ás 20,00 horas na libraría Andel, Avda Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía de Xosé Luís Axeitos. No acto acompañarán ao autor X. L. Méndez Ferrín, Xosé Ramón Pena e Manuel Bragado.