Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2017

Presentación en Vigo de “Rosalía de Castro e o poder sexual” de María Xosé Queizán

O venres, 6 de outubro, 2017, ás 19,30 horas, na libraría Andel, Avda Camelias, 102, Vigo, terá lugar a presentación do libro Rosalía de Castro e o poder sexual de María Xosé Queizán. No acto participarán Susana Sánchez Aríns, Manuel Bragado e María Xosé Queizán.

María Xosé Queizán: «Rosalía tivo que escribir contra a realidade que vivía, contra os acosos, contra os propios editores»

O Diario Cultural da Radio Galega publicou unha entrevista de Ana Romaní á escritora María Xosé Queizán sobre o seu libro Rosalía de Castro e o poder sexual, de María Xosé Queizán. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Suite Artabria», de Manuel Lourenzo e «O neno mariñeiro», de Bernardino Graña, son os libros máis valorados na Tabela do mes de outubro

O Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, Suite Artabria, de Manuel Lourenzo (no primeiro posto) ,e novela O neno mariñeiro, de Berrnardino Graña (no segudno posto), son os libros máis recomendados no mes de outubro pola crítica da Tabela dos Libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Entre a parodia, o thriller e a comedia: «Demos de verán» de Miguel Vázquez Freire. Crítica de Diego Ameixeras

O escritor Diego Ameixeiras publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela Demos de verán, de Miguel Vázquez Freire. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Cada vez temos menos dereito a decidir o que queremos ser»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Mar Mato á escritora Ledicia Costas sobre a súa nova novela A señorita Bubble.   Ledicia Costas: «Cada vez temos menos dereito a decidir o que queremos ser» As divertidas, coloristas e detalladas ilustracións de Andrés Meixide acompañan un novo texto de Ledicia Costas. A escritora viguesa, que no 2015 se fixera co Premio Nacional de Literatura Infantil, non para de crear.

Un tributo á cidade de Compostela desde a ficción: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole 2016.

Presentación en Monforte de “A Ribeira Sacra.Guía práctica”

O xoves, 5 de outubro, ás 20,00 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra, rúa Comercio, 6, Monforte, terá lugar a presentación do libro A Ribeira Sacra. Guía práctica de Manuel Garrido.