Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2017

«Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía», de Xosé Luís Axeitos, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo  a biografía Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos. O programa pode verse nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “Luns” de Eli Ríos

O xoves, 2 de novembro, 2017, ás 20,00 horas, na librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a presentación de Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega 2016. No acto acompañarán á autora Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña, entidade que convoca o premio e Manuel Bragado, director de Xerais.

Ingredientes atractivos: «4_xinetes», de Anxo Fariña. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela  4_xinetes, de Anxo Fariña. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un conto que arrepía: «Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín», de Ramón D. Veiga e David Sierra. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre o álbum ilustrado Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra.

«De paraguas», de Paco Martín, en Cada día un libro, da TVG

 O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro De paraguas, de Paco Martín, escrito a partir de fotografías de Daniel Puente Bello. O programa pode verse nesta ligazón.

Manuel Garrido presenta unha guía práctica de «A Ribeira Sacra» para desfrutar dos pequenos praceres

 O xornal El Correo Gallego publicou unha información de Arturo Reboyras sobre a Guía de A Ribeira Sacra, de Manuel Garrido. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Santiago Lopo: «Quixen coa novela facer unha aventura amena e divertida no século XIII, incluíndo as cantigas»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou a Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017, coa novela A arte de trobar. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha historia áxil e actual: «A batalla da pequena Chañan Curi Coca», de Rosa Aneiros. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro A batalla da pequena Chañan Curi Coca, de Rosa Aneiros, ilustrado por Almudena Aparicio Andión.   A batalla da pequena Chañan Curi Coca Con este longo título ofrécenos Rosa Aneiros un libro para o lectorado novo, un libro sobre desfiuzamentos e foutezas, sobre amores e soidades.

Antonio García Teijeiro: «A poesía ten capacidade de descubrir sentimentos ocultos»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Xesús Fraga ao escritor Antonio García Teijeiro, que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 co libro Poemar o mar. (Foto: Óscar Vázquez / La Voz de Galicia).

«Nemo. O xigante de pedra», de Davide Morosinotto, en Cada día un libro, da TVG

 O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela Nemo. O xigante de pedra, de Davide Morisinotto. O programa pode verse nesta ligazón.

Presentación en Vigo de “Violeta quere ser vampiro” de Ramón D. Veiga e David Sierra

O martes, 31 de outubro, 2017, a partir das 19:30 horas, no Café Badía, Sanjurjo Badía, 240, de Vigo, terá lugar a festa-presentación do libro Violeta quere ser vampiro de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra.

A novela «O club da calceta», de María Reimóndez, rompe o teito dos dez mil exemplares vendidos

A web Letra en Obras publicou unha información sobre a novela O club da calceta, de María Reimóndez.   A novela «O club da calceta», de María Reimóndez, rompe o teito dos dez mil exemplares vendidos Edicións Xerais anunciou a chegada ás librarías galegas da undécima edición da novela O club da calceta, de María Reimóndez. O libro, que se publicou por vez primeira no ano 2006, xa superou os 10.