Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2017

Unha novela moi recomendable e cinematográfica: «Once portas», de Héctor Cajaraville. Crítica de Paulo Vilar

 A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de Paulo Vilar sobre a novela Once portas, de Héctor Cajaraville, gañadora do Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole 2016.   A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha alfaia que deita luz sobre as cousas que importan: «Humildar», de Suso de Toro. Crítica de Berta Dávila

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública unha recensión crítica sobre o libro de ensaio Humildar, de Suso de Toro.

«O valo», de Carlos Labraña, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á obra de teatro infantil O valo, de Carlos Labraña, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil. O programa pode verse nesta ligazón.

«Fred Quincalla, o nómade do mar» e Teresa González Costa, no Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar

A novela infantil Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa, centrará o sábado 28 de outubro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, coa presenza da autora, Teresa González Costa. A novela está ilustrada por  Marina Seoane e publicado na colección Sopa de Libros.

Máis Astérix e en galego!

O blog da biblioteca da EOI de Lugo publicou unha recensión sobre Astérix en Italia, o novo volume de Astérix que Xerais publica en galego.   Máis Astérix e en galego! A pasada fin de semana chegou ás librarías o novo álbum do heroe galo máis famoso da banda deseñada: Astérix et la transitalique.

Pedro Feijoo: «O noso país é moi rico en referentes e historias para ser contadas»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de María L. Viñas ao escritor Pedro Feijoo sobre a súa novela Os fillos do lume. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Lionel Rexes: «Tratei de espir as miserias mentais de personaxes que podemos ser calquera de nós»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez ao escritor Lionel Rexes, sobre a súa novela A raíña das velutinas.

«Demos de verán» de Miguel Vázquez Freire, en Cada día un libro, da TVG

 O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela Demos de verán, de Miguel Vázquez Freire. O programa pode verse nesta ligazón.

Presentación na Coruña de “Suite Artabria” de Manuel Lourenzo

O sábado, 28 de outubro, 2017, ás 19,00 horas, na Fnac, Mercado Eusebio da Guarda, Praza de Lugo, s/nº, A Coruña, terá lugar a presentación do libro Suite Artabria de Manuel Lourenzo, Premio Álvaro Cunqueiro, 2016, convocado pola AGADIC. No acto participarán Henrique Rabuñal, Manuel Bragado e o autor.

Chus Pato: «O Premio Mondoñedo 10 é xa o Nobel da literatura galega»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información de María Cuadrado sobre a entrega do Premio Mondoñedo 10 á poeta Chus Pato, polo seu libro Hordas de escritura,   Chus Pato: «O Premio Mondoñedo 10 é xa o Nobel da literatura galega» La escritora recibió ayer el galardón en la jornada final de las fiestas de As San Lucas Cita especial con la música, la cultura y la poesía en el último día de As San Lucas.

Fascinante suite das profundidades: «Suite Artabria», de Manuel Lourenzo. Crítica de Diego Ameixeras

O escritor Diego Ameixeiras publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre sobre o libro Suite Artabria, de Manuel Lourenzo, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2016.

Matilde Felpeto: «A cociña galega é das máis ricas e variadas de Europa»

 A Revista Fin de Semana da TVG emitiu unha entrevista de María Solar a Matilde Felpeto sobre o libro Cociña galega tradicional, subtitulado Receitas, tradición, historia e evolución.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.