Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2017

Novela imprescindible na aula: «A arte de trobar», de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017. Recensión de Anxos Rial

O blog Sala de Lectura, ferramenta didáctica da profesora Anxos Rial, publicou unha recensión sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017.     «A arte de trobar» de Santiago Lopo O premio Xerais  deste ano 2017 xa é un imprescindible para levar a aula e a través da ficción presentarlles aos nosos rapacese rapazas a nosa lírica medieval.

Afondar nas nosas propias tradicións: «Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín», de Ramón D. Veiga e David Sierra. Recensión en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o álbum ilustrado Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra.   Violeta quere ser vampiro Ramón D. Veiga e David Sierra son os artífices deste álbum que vén de publicar Xerais, Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín.

«A Boca do Inferno», de Jaureguizar, en Cada día un libro, da TVG

 O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela A Boca do Inferno, de Jaureguizar, é O programa pode verse nesta ligazón.

Presentación en Vilalba de “Arquitecturas debuxadas. Lugo” de Santiago Catalán

O venres, 27 de outubro, ás 20,30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Arquitecturas debuxadas. LUGO de Santiago Catalán. No acto, organizado polo IESCHA, acompañarán ao autor, Manuel Roca Cendán, Marisa Barreiro e Manuel Bragado.

Presentación en Allariz de “O camiño da Estadea” de Ramón Caride

O venres, 27 de outubro, 2017, ás 20,30 horas, na Galería Circular, rúa de Lobariñas, 9, Allariz, terá lugar a presentación do libro O camiño da Estadea. O regreso de Sheila e Said de Ramón Caride. No acto conversarán César Lorenzo Gil e Ramón Caride.

Presentación en Santiago de “Rosalía de Castro e o poder sexual” de María Xosé Queizán

O xoves, 26 de outubro, 2017, ás 20,00 horas, na librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a presentación do libro Rosalía de Castro e o poder sexual de María Xosé Queizán. No acto conversarán María Xosé Queizán e Manuel Bragado.

«Debaixo dun parasol», de Azucena Arias Correa, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á novela infantil Debaixo dun parasol, de Azucena Arias Correa. O programa pode verse nesta ligazón.

O mar cativador da poesía galega: «Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro. Por Nieves Neira

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe de Nieves Neira sobre o libro Poemar o mar, do escritor Antonio García Teijeiro, que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Novidade: «A batalla da pequena Chañan Curi Coca», de Rosa Aneiros. A guerreira inca contra o desafiuzamento

A batalla da pequena Chañan Curi Coca, de Rosa Aneiros, ilustrado por Almudena Aparicio Andión, é unha novidade da colección Merlín. A nai de Noelia e Miguel non ten cartos para pagar o piso, xa que foi despedida do estaleiro onde traballaba. Hai un grupo de persoas solidarias que está axudando a familia para lograr un aprazamento e evitar que os tres queden na rúa.

Unha obra práctica de gran alcance: «Cociña galega tradicional» de Matilde Felpeto. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Cociña galega tradicional, subtitulado Receitas, tradición, historia e evolución, de Matilde Felpeto,   «Cociña galega tradicional» de Matilde Felpeto A pesar da dor da catástrofe incendiaria da fin de semana, presentamos onte na Casa do Libro de Vigo Cociña galega tradicional de Matilde Felpeto, unha obra r

Presentación en Santiago de “A Ribeira Sacra. Guía práctica” de Manuel Garrido

O mércores, 25 de outubro, 2017, ás 20,00 horas, na Casa do Libro, rúa Xeneral Pardiñas, 30, Santiago, terá lugar a presentación do libro A Ribeira Sacra. Guía práctica de Manuel Garrido. No acto participarán Nava Castro (Directora de Turismo de Galicia), Manuel F. Rodríguez, Francisco Singul, Manuel Garrido e Manuel Bragado.

Manuel Garrido: «A Ribeira Sacra ofrece unha paisaxe impresionante e un gran patrimonio histórico»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Francisco Albo a Manuel Garrido, autor da Guía de A Ribeira Sacra. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.