Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2017

María Xosé Queizán: «Rosalía de Castro foi máis avanzada que moitas feministas actuais»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Mar Mato á escritora María Xosé Queizán sobre o seu libro Rosalía de Castro e o poder sexual.

Un libro de premio: «Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro. Crítica de Montse Pena Presas

A revista Criaturas publicou unha recensión de Montse Pena Presas sobre o libro Poemar o mar, do escritor Antonio García Teijeiro, que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017.   PoeMar(nos) O mar é tan inconmensurable que nunca cabe nun ollar, nin nunha fotografía, nin case nun horizonte. Tampouco nun libro.

Novidade: «Cociña galega tradicional», de Matilde Felpeto. Receitas, tradición, historía e evolución

O libro Cociña galega tradicional, subtitulado Receitas, tradición, historia e evolución, de Matilde Felpeto, é unha novidade de Xerais. As receitas recollidas en Cociña galega tradicional pertencen ao legado culinario de Galicia. En cada caso relátase a historia do ingrediente principal do prato e as distintas maneiras de preparalo.

Novedad: «Cocina gallega tradicional», de Matilde Felpeto. Recetas, tradición, historía y evolución

Cocina gallega tradicional, de Matilde Felpeto Lagoa, subtitulado Recetas, tradición, historía y evolución,  es una novedad de Xerais Extramuros. Las recetas recogidas en “Cocina gallega tradicional” pertenecen al legado culinario de Galicia. En cada caso se relata la historia del ingrediente principal del plato y las distintas maneras de prepararlo.

Un exemplo das moitas maneiras que a literatura pode e debe adoptar: «22 segundos», de Eva Mejuto. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre a novela  22 segundos, de Eva Mejuto, publicada na colección Fóra de Xogo. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Héctor Cajaraville: «Empecei a escribir con 40 anos; tres historias ao mesmo tempo»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil ao escritor Héctor Cajaraville.     Héctor Cajaraville: «Empecei a escribir con 40 anos; tres historias ao mesmo tempo» Once portas (Xerais) é a última obra publicada por Héctor Cajaraville (Santiago, 1974). Mereceu o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo 2016 e sumouse á listaxe de obras deste autor que foron premiadas.

Novidade: «Ceiba de Luz», de Manuel Lourenzo González, Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017. Intriga e aventuras

Ceiba de Luz, de Manuel Lourenzo González é unha novidade de Xerais na colección Fóra de Xogo, Premio Jules Verne 2017. Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2017 O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz.

Astérix viaxa a Italia para combater a Roma «sobre rodas» no novo título que se publica este xoves

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe sobre a saída, o vindeiro 19 de outubro, de, Astérix en Italia. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Lugo de “Os fillos do lume” de Pedro Feijoo

O venres, 20 de outubro, 2017, ás 19,30 horas, na librería Trama, Avda da Coruña, 21, Lugo, terá lugar a presentación do libro Os fillos do lume de Pedro Feijoo. No acto conversarán Manuel Bragado e Pedro Feijoo.

Presentación en Oleiros de “A elegancia do século” de Pura Tejelo

O xoves, 19 de outubro, ás 20:00 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz, en Oleiros, terá lugar a presentación de A elegancia do século de Pura Tejelo. No acto participarán Rosa García Vilariño e Pura Tejelo. Ao remate Sabela Caamaño tocará unhas pezas con acordeón.

Unha análise crítica, afinada e directa: «Rosalía de Castro e o poder sexual», de María Xosé Queizán. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro Rosalía de Castro e o poder sexual, de María Xosé Queizán.   Recensión: «María Xosé Queizán, Rosalía e o poder sexual» Nos tempos que corren é preciso dar unha volta a todas as nosas lecturas.

Eva Mejuto: «A miña novela está chea do testemuño real de moita xente»

 O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista coa escritora Eva Mejuto sobre a súa novela 22 segundos. A entrevista pode verse nesta ligazón.