Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2017

Unha historia fonda e conmovedora: «O valo», de Carlos Labraña. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre a obra de teatro infantil O valo, de Carlos Labraña, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «Muriel», de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017. Unha historia seductora

Muriel, de María Canosa, é unha novidade da colección Merlín, ilustrada por Lucía Cobo. Premio Merlín de Literatura Infantil, 2017 A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquera dor. E as súas bufandas.

Presentación en Santiago de “O valo” de Carlos Labraña

O xoves, 19 de outubro, 20,00 h. no Salón Teatro de Santiago, terá lugar a presentación do libro O valo de Carlos Labraña, Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, 2016 convocado pola AGADIC. Acompañarán ao autor Nuria Díaz, Romina Bal, Camilo Franco e Manuel Bragado. Ás 20:30 h representación da obra de teatro . Ás 21:15 h coloquio sobre a situación dos refuxiados.

Presentación en Madrid de “A Ribeira Sacra. Guía práctica” de Manuel Garrido

O xoves, 19 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa del Libro, Maestro Victoria, 3 (zona Puerta del Sol), Madrid, terá lugar a presentación do libro A Ribeira Sacra. Guía práctica de Manuel Garrido. Participarán Pepe Domingo Castaño e Manuel Garrido.

Sinatura de Pedro Feijoo na Casa do Libro de Vigo

O xoves, 19 de outubro, 2017, a partir das 19:30 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27, Vigo, o escritor Pedro Feijoo asinará exemplares da súa última novela Os fillos do lume e do resto da súa obra.

Unha novela para ler e desfrutar: «Soño de infancia», de Moncho Rouco. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela Soño de infancia, de Moncho Rouco. Aqueles anos De súpeto, os últimos cincuenta anos mudaron por completo a forma pasar o tempo de lecer. Por se non tiveramos pouco co cine, a radio e televisión, as novas tecnoloxíasviñeron mudar por completo o xeito de pasar o tempo xogando.

Antonio García Teijeiro: «Eu tiña unha débeda co mar, que creo que xa paguei»

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ao escritor Antonio García Teijeiro, que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 co libro Poemar o mar.  A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha homenaxe aos refuxiados: «O valo», de Carlos Labraña. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a obra de teatro infantil O valo, de Carlos Labraña, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil.

Novidade: «A arte de trobar», de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017. Unha novela luminosa

A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017 é unha novidade de Xerais. Premio Xerais de Novela, 2017 No século XIII, unha “troupe” de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder.

«Hordas de escritura», de Chus Pato, Premio Mondoñedo 10 ao mellor libro de poesía da última década

O libro Hordas de escritura, de Chus Pato, publicado por Xerais en 2008, recibiu o Premio Mondoñedo 10 ao mellor libro de poesía da última década.

O novo de Astérix, en galego o 19 de outubro da man de Xerais

Praza Pública publicou unha reportaxe sobre Astérix en galego e a saída, o vindeiro 19 de outubro, dun novo título, Astérix en Italia.   O novo de Astérix, en galego o 19 de outubro da man de Xerais O vindeiro 19 de outubro Xerais publicará Astérix en Italia, o novo álbum do heroe galo, que se editará en galego ao mesmo tempo que o fai en francés e noutraslinguas.

Novidade: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes, XXIII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey

A raíña das velutinas, de Lionel Rexes, é unha novidade da colección Narrativa. XXIII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey Nunha casa de turismo rural reúnese un grupo de persoas en torno a un dos últimos guerrilleiros antifranquistas.