Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2017

Rimas no mar: «Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro. Artigo de Ramón Rozas

 O xornalista Ramón Rozas publicou nos xornais Diario de Pontevedra e El Progreso un longo artigo sobre o libro Poemar o mar, do escritor Antonio García Teijeiro, que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Experiencias pegadas á terra: «Guía práctica da Ribeira Sacra», de Manuel Garrido

O xornal El Progreso publicou unha información de A. Rodil sobre a presentación da Guía de A Ribeira Sacra, de Manuel Garrido. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Vídeo da presentación de «A señorita Bubble», de Ledicia Costas, na Libraría Cartabón en Vigo

A librería Cartabón publicou o vídeo da presentación da novela A señorita Bubble, da escritora Ledicia Costas.

Novidade: «Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín», de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra. Aos mortos non hai que terlles medo!

Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra, é unha novidade de Xerais en álbum ilustrado. Coma todos os anos, a noite do 31 de outubro celébrase na casa de Violeta a festa do Samaín.

Unha gozosa homenaxe á capacidade de fabulación: «O segredo do avó», de Carles Cano. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro O segredo do avó, de Carles Cano. O segredo do avó Publica Xerais este libro de Carles Cano con espléndidas ilustracións de Federico Delicado, O segredo do avó,  Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2016.

«Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro. Artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo un artigo sobre a concesión ao escritor Antonio García Teijeiro do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 polo seu libro Poemar o mar.

Ler dun tirón para disfrutar do suspense, da paisaxe e das escenas do libro: «Terradentro», de Xosé Benito Reza. Anotación de David Simón

A web Mozaika publicou unha anotación de David Simón sobre a novela Terradentro, de Xosé Benito Reza.   8. CELANOVA Y «TERRADENTRO» (2017, de XOSÉ BENITO REZA) Leímos estos días la novela “Terradentro” (2017) de un tirón, disfrutando de sus relatos, del suspense y de los hermosos paisajes y escenas que describe Xosé Benito Reza en su libroeditado por Ed. Xerais.

Unha muller moi avanzada no seu tempo: «Rosalía de Castro e o poder sexual», de María Xosé Queizán. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Rosalía de Castro e o poder sexual, de María Xosé Queizán. Queizán con Rosalía Interesantísima resultou a presentación onte na LIbraría Andel de Vigo de Rosalía de Castro e o poder sexual, o libro máis recente de María Xosé Queizán.

Un referente ineludible da literatura galega contemporánea: «A señorita Bubble», de Ledicia Costas. Crítica de Manrique Fernández

A web de Comarcas na Rede publicou unha recensión crítica de Manrique Fernández sobre a novela A señorita Bubble, da escritora Ledicia Costas.   Ledicia Costas, «A señorita Bubble» Cando Ledicia Costas escribe para nenos, sabe ben que teclas tocar para que os rapaces disfruten da lectura. Iso é algo que xa ten demostrado sobradamente ao longo destes anos e a súa última entrega non é unhaexcepción.

Booktráiler de «A arte de trobar», de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017

Reproducimos o booktráiler de A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017, que  chegará ás librarías o día 12 de outubro.

Antonio García Teijeiro: «Creo na poesía como medio de transformación da persoa»

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de M. Obelleiro ao escritor Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 polo seu libro Poemar o mar.

Presentación en Ourense de “A Ribeira Sacra. Guía práctica” de Manuel Garrido

O mércores, 18 de outubro, 2017, ás 20,00 horas, no Salón Nobre do Liceo de Ourense, terá lugar a presentación do libro A Ribeira Sacra. Guía práctica de Manuel Garrido. No acto participarán José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense; Tonino Álvarez, fotógrafo; Xabier Limia, prologuista do libro; Manuel Garrido, autor e Manuel Bragado, director de Xerais.