Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2017

Encontro co escritor Pedro Feijoo na Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo

O mércores, 18 de outubro, 2017, a partir das 19:30 horas, na Biblioteca Xosé Neira Vilas, Avda. Martínez Garrido, 21,  de Vigo, terá lugar un encontro co escritor Pedro Feijoo para falar da súa novela Os fillos do lume e do resto das súas obras. Esta actividade é aberta ao público en xeral.

Presentación en Vigo de “Cociña galega tradicional” de Matilde Felpeto

O martes, 17 de outubro, 2017, ás 20,00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27, de Vigo, terá lugar a presentación do libro Cociña galega tradicional  de Matilde Felpeto. No acto participarán Xavier R. Baixeras, Manuel Bragado e Matilde Felpeto.

«Atravesar o fantasma», de Carlos Callón, e «Hordas de escritura», de Chus Pato, finalistas do Premio Mondoñedo 10

A Asociación As San Lucas, acaba de facer público os libros finalistas do Premio Mondoñedo 10, que este ano elixe o mellor libro de poemas dos dez últimos anos. Entre os finalistas, figuran dous libros publicados por Xerais: Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, e Hordas de escritura, de Chus Pato. O xurado reunirase o domingo 15 para elixir o libro gañador entre os 13 finalistas.

Fecundo ronsel: «Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía», de Xosé Luís Axeitos. Crítica de Xosé Ramón Pena

O escritor e investigador Xosé Ramón Pena publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre  a biografía Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A xenerosidade da natureza: «Guía práctica da Ribeira Sacra», de Manuel Garrido. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da Guía de A Ribeira Sacra, de Manuel Garrido.     Presentación en Monforte da «Guía práctica da Ribeira Sacra» Viaxamos onte a Monforte para acompañar a Manuel Garrido na presentación da nova edición da súa  guía d’ A Ribeira Sacra.

A contumacia do pasado. «Demos de verán» de Miguel Vázquez Freire. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre a novela Demos de verán, de Miguel Vázquez Freire. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Ledicia Costas: «Quería darlle unha volta ao estereotipo do inventor home e reivindicar o papel das mulleres na ciencia»

O xornal dixital Praza Pública publica unha entrevista de Romina Bal á escritora Ledicia Costas sobre a súa nova novela A señorita Bubble.

«Antonio García Teijeiro: poesía si», por Berta Dávila

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública un longo perfil valorativo sobre o escritor Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 polo seu libro Poemar o mar.   Antonio García Teijeiro: poesía si Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952) vén de recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 polo seu libro Poemar o mar, editado por Xerais o pasado ano.

A novela «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta», de Ledicia Costas, seleccionada para a lista The White Ravens 2017

A novela «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta», de Ledicia Costas, seleccionada para a lista The White Ravens 2017

A novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, foi  seleccionada para a prestixiosa lista The White Ravens 2017.

Unha novela intensa, espida, de ritmo vertixinoso: «Luns», de Eli Ríos. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre a novela Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016.   Eli Ríos, a escritora que colecciona premios Hai tempo que sigo, con especial atención, a evolución da traxectoria literaria de Eli Ríos (Londres, 1976).

Antonio García Teijeiro: «A poesía serve para conectar coa realidade e coas emocións»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní ao escritor Antonio García Teijeiro polo seu libro Poemar o mar, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

María Solar: «En ‘As horas roubadas’ as protagonistas son mulleres que tiveron que pagar un alto prezo por vivir segundo os seus desexos»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil á escritora María Solar.   María Solar: «En Galicia véndense mellor os meus libros en galego ca en castelán» María Solar (Santiago, 1970) recoñece que “a vida lle vai ben”.