Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2017

Unha saga xuvenil idónea para engachar á lectura: «Nemo. O xigante de pedra», de Davide Morosinotto. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela Nemo. O xigante de pedra, de Davide Morisinotto.   Nemo. O xigante de pedra Volvín gustar desta segunda entrega de Nemo que nos trae a editorial Xerais na nosa lingua. Desta volta o libro de Davide Morosinotto chámase Nemo.

Híbrido e moi potente artefacto literario: «A hora de espertarmos xuntos», de Kirmen Uribe. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela A hora de espertarmos xuntos, de Kirmen Uribe.

Antonio García Teijeiro: «Un poema pode cambiar o comportamento dun neno»

O xornal Faro de Vigo publicou unha entrevista de Mar Mato ao escritor Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 polo seu libro Poemar o mar.

Máis espazo para a poesía nas aulas, a reivindicación de Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Xesús Fraga sobre a concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 ao escritor Antonio García Teijeiro polo seu libro Poemar o mar.

Eli Ríos: «Luns é unha novela visceral, chea de sentimento e de moitas historias de mulleres»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista coa escritora Eli Río sobre a súa novela Luns, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016. A entrevista pode verse nesta ligazón.

O Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de Antonio García Teijeiro por «Poemar o mar», nos medios

A noticia da concesión, onte, do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 ao escritor Antonio García Teijeiro polo seu libro Poemar o mar tivo ampla repercusión nos medios de comunicación e nas redes sociais. Recollemos algunhas destas informacións.

Prosa irreverente e máxica, orixinal e transgresora: «A señorita Bubble», de Ledicia Costas. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre a novela A señorita Bubble, da escritora Ledicia Costas.

Miguel Vázquez Freire: «Esta novela nace do estupor ante o feito de que determinados discursos sigan mantendo vixencia»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Miguel Vázquez Freire sobre a súa novela Demos de verán, que presenta esta tarde en Vigo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil con «Poemar o mar», publicado por Xerais

O escritor Antonio García Teijeiro foi galardoado hoxe co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 polo seu libro Poemar o mar, publicado por Xerais.

Un libro de grande interese, cunha prosa limpa e precisa: «Corredora», de María Reimóndez. Crítica de Berta Dávila

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública unha recensión crítica sobre a novela Corredora, de María Reimóndez, publicada na colección Fóra de Xogo.   Outubro de libros: Corredora Tiki Gelana, gañadora da medalla de ouro de maratón nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, é o punto de partida na construcción desta nova novela para mozas que asina María Reimóndez (Lugo, 1975).

Carlos Labraña: «O preocupante é que os que mandan no mundo queiran erguer máis valos»

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ao escritor Carlos Labraña, sobre a obra de teatro infantil O valo, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Ramón Nicolás: «Quixen, á mantenta, construír unha novela hibridiza, pois comparto a idea de que abre novas perspectivas para o xénero»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez co crítico e escritor Ramón Nicolás sobre a súa novela O espello do mundo, sobre a que esta pasada fin de semana se realizou un roteiro literario.