Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2017

María Reimóndez: «A miña novela é unha exploración da importancia de vivir a diversidade como algo positivo»

O xornal El Progreso publicou unha entrevista de Cristina Pérez á escritora María Reimóndez, gañadora do Premio Agustín Fernández Paz pola igualdade 2017 coa novela Fóra do normal. Outra novela de María Reimóndez chega nos próximos días ás librarías: As cousas que non queremos oír. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Paco Martín, Socio de Honra 2017 de Gálix

Hoxe ás 12, o escritor Paco Martín recibe o nomeamento como Socio de Honra 2017 por parte da xunta directiva de GÁLIX.  A entrega do galardón ten lugar no IES Ánxel Fole de Lugo no transcurso dun acto escolar aberto ao público.  O escritor Xabier P. DoCampo será o encargado de realizar a laudatio.

María Canosa: «Con Muriel quixen que os lectores gozasen pero tamén que reflexionasen»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou á escritora María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantiil 2017, coa novela Muriel, de María Canosa, ilustrada por Lucía Cobo.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Brancaneves e os 77 ananiños», de Davide Cali. Cuestionar os estereotipos desde o humor

Brancaneves e os 77 ananiños, de Davide Cali, é unha novidade de Xerais. Está ilustrado por Raphaëlle Barbanègre e traducido por Anaír Rodríguez. Había unha vez, no medio e medio do bosque, unha rapaza chamada Brancaneves que fuxía dunha bruxa malvada. Nunha casiña, habitada por 77 ananos, atopou acubillo.Os simpáticos ananiños acordaron que podía quedar con eles o tempo que quixese.

A escritora Ledicia Costas, Premio Lazarillo 2017

A escritora Ledicia Costas resultou gañadora onte do Premio Lazarillo de Creación Literaria 2017 que concede a OEPLI, Organización Española para el Libro Infantil e Xuvenil cunha novela presentada co título Plumas e unicornios, que publicará Xerais. O premio, elixido entre un total de 68 obras, foille concedidco ex aequo canda a obra No te muevas musaraña, de Rafael Salmerón.

Novidade: «De viaxe polo mundo», de Pablo Aranda. Contos e curiosidades dos 5 continentes

 De viaxe polo mundo. Contos e curiosidades, de Pablo Aranda, é unha novidade de Xerais. Descubre os 5 continentes: Europa, África, América, Asia e Oceanía.Viaxa polo mundo da man dunha nena, un neno e un can, aprendendo unha morea de curiosidades. Percorre 22 países mergullándote na súa cultura e tradicións: España, Italia, Exipto, Etiopía, México, Perú, a China, Irán ou Australia, entre outros.

«Os fillos do lume», de Pedro Feijoo, e «Floreano», de Gogue, libros máis vendidos segundo o Taboleiro do libro galego

O blog Cicloxénese expresiva, publica unha listaxe dos libros máis vendidos durante os meses de xullo, agosto, setembro e outubro a partir da información proporcionada por 7 librarías galegas. Na categoría de Narrativa, o libro máis vendido é a novela Os fillos do lume, de Pedro Feijoo. No ámbito da Banda Deseñada, o máis vendido é  o libro de tiras de humor Floreano, de Gogue.

Sensibilidade creativa: «Muriel», de María Canosa. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre a novela infantil Muriel, de María Canosa, ilustrada por Lucía Cobo, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017.

Lectura de «O neno mariñeiro», de Bernardino Graña, na voz de Pepe Carreira

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha lectura, a cargo de Pepe Carreira, dun fragmento da novela O neno mariñeiro, de Bernardino Graña. A lectura pode escoitarse nesta ligazón.

Novidade: «Astérix en Italia». Unha aventura na antiga Italia

 Astérix en Italia, de  René Goscinny,  Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, é un novidade de Xerais, traducida por Xavier Senín e Isabel Soto. Os personaxes creados por Albert Uderzo e René Goscinny volveron! Logo de «Astérix e os pictos» e «O papiro do César», Astérix e Obélix regresan con «Astérix en Italia», o novo álbum asinado polos talentosos Jean-Yves Ferri e Didier Conrad.

Rosalía tende ao infinito: «Rosalía de Castro e o poder sexual», de María Xosé Queizán. Crítica de Diego Ameixeras

 O escritor Diego Ameixeiras publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Rosalía de Castro e o poder sexual, de María Xosé Queizán.

Ramón Veiga: «Aos mortos non hai que terlles medo; cos vivos xa é outro cantar»

O xornal Faro de Vigo publicou unha información de Mar Mato con entrevista a Ramón D. Veiga, autor do álbum Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, ilustrado por David Sierra.