Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2017

A novela «A arte de trobar», de Santiago Lopo, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros

A novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro. A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de rankquing que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

O libro «A prensa en Galicia na Transición», de Marcos Pérez Pena, Premio da Crítica de Galicia 2017

O xornalista Marcos Pérez Pena recibiu onte o Premio da Crítica Galicia 2017 na categoría de Investigación polo seu libro A prensa en Galicia na Transición, publicado por Xerais.

Universos de seu: «Muriel», de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou as páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Muriel, de María Canosa, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017. Está ilustrada por Lucía Cobo. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un novo Samaín, os defuntos, os libros e propostas de terror para a literatura

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo un artigo literario sobre a presenza do Samaín nos libros de hoxe e a recuperación dun novo Samaín.

Novidade: «Representacións do mundo árabe na LIX», da Red Temática de Investigación LIJMI

Representacións do mundo árabe na LIX é un estudo da Red Temática de Investigación LIJMI Os membros da Red Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI) achegan neste volume diversas reflexións sobre a representación do mundo árabe na Literatura Infantil e Xuvenil.

Manuel Garrido: «A Ribeira Sacra es un lugar idílico para disfrutar a fondo y sin prisas»

O xornal El Correo Gallego publicou unha entrevista de Arturo Reboyras a Manuel Garrido sobre a Guía de A Ribeira Sacra (edición en castelán).   MANUEL GARRIDO RIVERO // HISTORIADOR Y ESCRITOR «A Ribeira Sacra es un lugar idílico para disfrutar a fondo y sin prisas» (Segovia, 1964) Afincado en Padrón desde hace más de dos décadas, el historiador Manuel Garrido presenta mañana, a las 20.

Un conto basado nun feito real: «Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín», de Ramón D. Veiga e David Sierra

O xornal Atlántico Diario publicou unha información de Ana Baena con entrevista a Ramón D. Veiga, autor do álbum Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, ilustrado por David Sierra.

Estilo coidado, fresco, con humor e moita reflexión sobre un tempo de tensión: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica de Ramón Rozas

 O xornalista Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra e en El Progreso unha recensión crítica sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

María Canosa: «’Muriel’ naceu da necesidade de espir os sentimentos, ao calado, en voz baixa»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información de Patricia Blanco sobre  a novela infantil Muriel, de María Canosa, ilustrada por Lucía Cobo, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017.

Prosa ferinte, rachadora, con crítica social e perspectiva de xénero: «Luns», de Eli Ríos. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

 Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Tesouros da memoria: «O neno mariñeiro», de Bernardino Graña. Crítica de Román Raña

 O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre a novela O neno mariñeiro, de Bernardino Graña. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

María Canosa: «Con Muriel aprenderemos que a vida sen soños e sen ilusión se volve gris»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha entrevista de David González Domínguez á escritora María Canosa, sobre a novela infantil Muriel, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, ilustrada por Lucía Cobo.