Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2017

Presentación en Lugo de “Long Play” de Lois Pérez

O luns 4 de decembro de 2017  ás 20,00 horas no Club Clavicémbalo, rúa Paxariños, 23 de  Lugo, terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez. No acto participarán Darío Xohán Cabana, Fran Alonso e Lois Pérez. O libro estará á venda no Clavicémbalo da man da librería Trama.

Presentación en Cangas de “Demos de verán” de Miguel Vázquez Freire

O luns 4 de decembro de 2017, ás 20:00 horas, na librería Maraxe, avda de Marín, 9, Cangas, terá lugar a presentación do libro Demos de verán de Miguel Vázquez Freire. No acto participarán María Xosé Jiménez, Manuel Bragado e o autor. Ao remate Chiqui Pereira lerá uns textos seleccionados do libro.

Unha reivindicación do valor das mulleres na traxedia do cotián: «Luns», de Eli Ríos. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016.

Unha trama con diálogos vivos: «Ceiba de Luz», de Manuel Lourenzo González. Reportaxe de Mónica Patxot

A presentación da novela Ceiba de Luz, de Manuel Lourenzo González, Premio Jules Verne 2017, tivo amplo eco nos medios. Nesta ligazón poden lerse ou descargarse en pdf algunhas das informacións ao respecto. Reproducimos a reportaxe que publica a web Pontevedra viva, con texto e fotografías de Mónica Patxot.

Unha peza moi valiosa de sentimento antibelicista: «O valo», de Carlos Labraña. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre a obra de teatro infantil O valo, de Carlos Labraña, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil.

A resistencia cultural, a represión dos cátaros, a diglosia e o xénero nunha novela de intriga e realidade histórica: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica de Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela  A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

María Reimóndez: «Para min é moito máis relevante que me traduzan ao támil que ao inglés»

O xornal de Sermos Galiza publicou unha entrevista de Belén Bouzas á escritora María Reimóndez, que acaba de publica a novela As cousas que non queremos oír. (Foto: Belén Bouzas).     ENTREVISTA A MARÍA REIMÓNDEZ, ESCRITORA «Para min é moito máis relevante que me traduzan ao támil que ao inglés» Escritora, activista e tradutora, María Reimóndez é imparábel, pura enerxía.

Novidade: as Axendas 2018, o dietario recambio e a versión en cartoné. Axendas galegas de Xerais para o novo ano: toda a nosa historia

Xerais acaba de distribuír polas librarías as novas Axendas 2018: Axenda Dietario Recambio 2018 e Axenda Dietario Cartoné 2018. En palabras do crítico Manuel Rodríguez Alonso: «Polas páxinas da Axenda Xerais pasa toda a nosa historia, desde os primeiros autobuses de liña, o primeiro tranvía, a chegada do tren e non sei cantas cousas máis.

Non é un libro calquera; é imposible pasar por el sen feridas: «Luns», de Eli Ríos. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Luns, de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016.   Recensión: Eli Ríos, «Luns» Eli Ríos é indubidablemente unha das autoras do momento na literatura galega.

M. Lourenzo González: «O mito de Eldorado serviume para contar unha experiencia actual»

 O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela ao escritor Manuel Lourenzo González sobre a súa novela Ceiba de Luz, Premio Jules Verne 2017. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha incitación ao pracer da lectura e da boa mesa: «Cociña galega tradicional», de Matilde Felpeto. Receitas, tradición, historía e evolución

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Estro Montaña sobre o libro Cociña galega tradicional, subtitulado Receitas, tradición, historia e evolución, de Matilde Felpeto. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

María Canosa: «Concibir unha historia é moito máis ca poñela en palabras sobre o papel»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil á escritora María Canosa, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantiil 2017 coa novela Muriel.   María Canosa: «Para chegar a máis público necesitamos máis oferta de libro en galego» María Canosa (Cee, 1978) fai 20 anos como escritora con obra publicada. Na súa traxectoria hai narrativa, poesía e literatura para crianzas e mocidade.