Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2017

Antonio García Teijeiro participou nas «Tertúlias Literárias» de Gaia para falar da súa traxectoria

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre a presenza de Antonio García Teijeiro nas Tertúlias Literárias de Gaia.

Programa de Xerais no Culturgal 2017

Culturgal celébrase os días 1, 2, e 3 de decembro de 2017 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nas datas habituais e, como non pode ser doutra forma, no mesmo espazo no que ao redor de 15.000 persoas danse cita anualmente na Feira das Industrias Culturais.

«Avións de papel, de Xavier Estévez, no Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar. Video sobre o libro

A novela infantil Avións de papel, de Xavier Estévez, centrará o sábado 25 de novembro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, coa presenza do autor, Teresa González Costa. A novela está ilustrada por Marcos Viso e publicada na colección Sopa de Libros. O equipo coordinador dese club de lectura elaborou, ademais, un vídeo que reproducimos abaixo.

Anxo Fariña explica como se escribe e ilustra un libro

O escritor Anxo Fariña, que acaba de publicar os libros para pre-lectores Onde está Nubebebé? e O pintor de Flores, deu unha charla en torno ao xeito en que nace e se escribe ou ilustra un libro. A información do Faro de Vigo pode lerse ou descargarse nesta ligazón en pdf.

A novela «Corredora», da escritora María Reimóndez centrará o sábado o debate do Comando Le, de Espazo Lectura

A novela novela Corredora , da escritora María Reimóndez centrará a sesión do vindeiro sábado 25 de novembro, as actividades do Comando Le de Espazo Lectura, un club de lectura dirixido a mozos e mozas adolescentes en horario nocturno (de 20:00h a 00:00h). A escritora reunirase cos membros do club de lectura na sesión de xaneiro.

Temática difícil na esfera da intimidade: «22 segundos», de Eva Mejuto. Crítica de Mar Fernández

 O xornal El Correo Gallego publicou unha recensión crítica de Mar Fernández Vázquez sobre a novela  22 segundos, de Eva Mejuto, publicada na colección Fóra de Xogo. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «O pintor de flores», de Anxo Fariña. Para o primeiro contacto cos libros

O pintor de Flores de Anxo Fariña, é unha novidade de Xerais da colección Gliz, para iniciar o contacto cos libros.  Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama… e viven moitísimas aventuras.

Novela ateigada de diálogo: de aventuras, intriga, científica, arqueolóxica sobre culturas precolombinas: «Ceiba de Luz», de M. Lourenzo González

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Ceiba de Luz, de Manuel Lourenzo González, Premio Jules Verne 2017. «Ceiba de Luz» de Manuel Lourenzo, presentación no Ateneo de Pontevedra Presentamos onte no Ateneo de Pontevedra Ceiba de Luz, a novela de Manuel Lourenzo González gañadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2017.

Unha homenaxe aos avós: «Muriel», de María Canosa. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela infantil Muriel, de María Canosa, ilustrada por Lucía Cobo, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017.   Presentación de «Muriel» de María Canosa e Lucía Cobo Presentamos onte en Moito conto Muriel o Premio Merlín de Literatura Infantil 2017 do que é autora María Canosa e ilustradora Lucía Cobo.

Miguel Vázquez Freire publica nun blog diversos contidos sobre «Demos de verán»

 O escritor Miguel Vázquez Freire leva publicados diversos contidos relacionados coa súa novela,  Demos de verán, nun blog creado para tal efecto. No blog poden lerse anotacións sobre A Falange, Franco e os fascismos, sobre o esoterismo do nazismo, sobre os exiliados fascistas, sobre o caso Edelweiss ou sobre Mircea Eliade, que constitúe a última aportación. Trátase de lecturas moi recomendables para completar a novela.

Eli Ríos: «A poesía tamén está no cotián». A escritora publica «Culpable»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Patricia Blanco sobre o libro Culpable, de Eli Ríos, gañador do IV Premio de Poesía Gonzalo López Abente.

Santiago Lopo: «No século XIII, o galego-portugués era lingua de referencia en toda Europa. Non podemos aceptar a derrota e hai manter prendida a chama da lingua e da cultura»

 O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López ao escritor Santiago Lopo sobre a súa novela A arte de trobar, gañadora do Premio Xerais 2017. (Foto: Javier Cervera-Mercadillo / Diario de Pontevedra). A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.