Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2017

Vídeo. Reflexionar sobre a actualidade política: «A contradición permanente», de Martiño Noriega e Daniel Salgado, en Nós Televisión

A web de Nós Televisión recolle a reportaxe emitida sobre a presentación pública do libro  A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), escrito polo alcalde de Compostela Martiño Noriega e o xornalista e poeta Daniel Salgado. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Novidade: «Long Play», de Lois Pérez. Un poemario que viaxa ás formas da canción ou da «twitteratura»

 Long Play, de Lois Pérez, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. Long Play soa coma unha poesía incitada polas persuasións da aventura e do risco, conformando unha sorte de «jukebox de autoxeografía».

Presentación na Coruña de “Luns” de Eli Ríos

O venres 1 de decembro de 2017 ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación da novela Lunsde Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega 2016. No acto acompañarán á autora, Lorena Bembibre, médica e Esther Gómez, libreira.

Presentación en Vigo de “A cadencia da fractura” de Isaac Xubín

O xoves 30 de novembro ás 20:00 horas na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125 de Vigo, terá lugar a presentación do libro A cadencia da fractura de Isaac Xubín.

A palabra como potencia creadora: «Poemar o mar», de Antonio García Teijeiro. Crítica de Isabel Mociño

 A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Isabel Mociño sobre o libro Poemar o mar, do escritor Antonio García Teijeiro, que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

María Xosé Queizán: «Rosalía atópase no máis avanzado do feminismo actual a pesar do tempo que pasou»

 O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar á escritora María Xosé Queizán sobre o libro Rosalía de Castro e o poder sexual.   A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “A contradición permanente” de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O martes 28 de novembro de 2017, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro, praza de Cervantes, 6, Santiago, terá lugar a presentación do libro A contradición permanente de Martiño Noriega e Daniel Salgado. No acto participarán Martiño Noriega, Daniel Salgado e Manuel Bragado.

Alquimia narrativa: «Demos de verán» de Miguel Vázquez Freire. Crítica de Pedro Carrera Hortas

 A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Pedro Carrera Hortas sobre a novela Demos de verán, de Miguel Vázquez Freire. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Santiago Lopo: «Ao longo de toda a novela queda claro que paga pena loitar pola nosa cultura e a nosa lingua»

 O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Santiago Lopo sobre a súa novela A arte de trobar, gañadora do Premio Xerais de Novela 2017. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Novidade: «A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017)», de Martiño Noriega e Daniel Salgado

A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), de Martiño Noriega e Daniel Salgado, é unha novidade de Xerais Crónica. Hai anos en que todo se acelera. Xornadas que valen por décadas anódinas. Momentos en que rompe a continuidade da historia e abre paso a novas experiencias, a contradicións antes non exploradas.

Presentación en Lugo de “A nena do abrigo de astracán” de Xabier P. DoCampo

O luns 27 de novembro de 2017, ás 19:30 horas, na librería Trama, Avda da Coruña, 21, Lugo, terá lugar a presentación da novela A nena do abrigo de astracán de Xabier P. DoCampo. No acto participarán Pepe Coira, Manuel Bragado e Xabier P. DoCampo.

Presentación en Betanzos de “Luns” de Eli Ríos

O luns 27 de novembro de 2017, ás 19:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, Eli Ríos, autora da novela Luns, manterá un encontro co Club de Lectura do IES Francisco Aguiar de Betanzos. Esta actividade é aberta ao público en xeral.