Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2017

Booktuber: Afra Torrado recomenda libros de Iolanda Zúñiga, Rosa Aneiros e María Reimóndez

A poeta Afra Torrado recomenda nun vídeo o libro de relatos Vidas pos-it e a novela Periferia de Iolanda Zúñiga; a novela Resistencia, de Rosa Aneiros, e as novelas  En vías de extinción e A música dos seres vivos, de María Reimóndez.

Eva Mejuto: «Ser distinto dá medo porque nos obriga a enfrontarnos a moitas cousas»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Borja Casal / HJP á escritora Eva Mejuto sobre a súa novela 22 segundos. (Foto: Ramón Leiro / La Voz de Galicia)   «Ser distinto dá medo» A autora aborda a transexualidade nunha novela dende o ámbito do cotián e cunha linguaxe clara e directa Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975) vén de publicar a súa primeira novela xuvenil con Xerais, 22 segundos.

Un cómic infantil que bebe da animación: «XINFU na maldición guauchuky», de Adrián Morgade

O xornal La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de López Penide sobre o cómic infantil XINFU na maldición guauchuky, de Adrián Morgade. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A tenrura, a maxia e o coidado na palabra en «Muriel», de María Canosa, e a ambición narrativa de Ledicia Costas. Opinión crítica de Montse Pena Presas

 O programa Chamando á terrra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Montse Pena Presas sobre a novela infantil Muriel, de María Canosa, ilustrada por Lucía Cobo, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017, así como unha valoración sobre A balada dos unicornios, de Ledicia Costas (título da novela gañadora do Premio Lazarillo 2017 co lema «Plumas e unicornios»).

Conversa de Ledicia Costas e Santiago Lopo na presentación de «A arte de trobar», unha novela histórica ambiciosa

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a conversa que mantiveron os escritores Ledicia Costas e Santiago Lopo no acto de presentación da novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017.

Novidade: «Culpable», de Eli Ríos», Premio de Poesía López Abente 2017. Queres participar neste crime?

Culpable, de Eli Ríos, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. IV Premio de Poesía López Abente 2017 «Declárome culpable: / asasinei o eu lírico». Estás convidada, querida persoa lectora, a participar neste crime e a acumular a ficción da cultura de masas e da “high art”. Avisada quedas desde agora: has ter que tomar decisións: unha corredoira ou a outra. Nunca no medio.

Manual monumental e imprescindible: «Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega», de Ramón Mariño Paz. Crítica de Ricardo Pichel Gotérrez

 A revista Madrigal publicou unha recensión de Ricardo Pichel Gotérrez sobre o libro Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega, de Ramón Mariño Paz. A crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Matilde Felpeto: «A cociña tradicional galega é unha expresión da nosa cultura e ten pratos identitarios»

 O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Matilde Felpeto sobre o libro Cociña galega tradicional, subtitulado Receitas, tradición, historia e evolución. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Un libro feliz e ameno, que seduce: «Martín Codax e os xograres do mar de Vigo», de Xosé Ramón Pena. Crítica de Román Raña

 O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Román Raña sobre o libro Martín Codax e os xograres do mar de Vigo, de Xosé Ramón Pena. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xabier P. Docampo: «O cine para a miña xeración representouno todo»

O blog Acto de primavera publica unha nova entrevista en vídeo a Xabier P. DoCampo sobre a súa nova novela, A nena do abrigo de astracán. Na entrevista abórdanse a películas que aparecen na novela.

Outro libro inesquecible: «A señorita Bubble», de Ledicia Costas. Crítica de Mario Regueira

 O xornal Sermos Galiza publicou unha recensión crítica de Mario Regueira sobre a novela A señorita Bubble, da escritora Ledicia Costas.   A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

As conversas políticas de Martiño Noriega e Daniel Salgado: «A contradición permanente»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación en rolda de prensa do libro A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), escrito polo alcalde de Compostela Martiño Noriega e o xornalista e poeta Daniel Salgado.