Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2017

Presentación na Coruña de “Long Play” de Lois Pérez

O venres 24 de novembro de 2017, ás 20:00 horas, en Espazo Lector Nobel, rúa Padre Feijoo, 1, A Coruña, terá lugar a presentación de Long Play de Lois Pérez. No acto participarán Yolanda Castaño, Fran Alonso e Lois Pérez.

Presentación en Santiago de “A elegancia do século” de Pura Tejelo

O xoves 23 de novembro de 2017, ás 20:00 horas, na librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a presentación do libro A elegancia do século de Pura Tejelo, Premio Johán Carballeira, 2016.

Presentación en Pontedeume de Luns de Eli Ríos

O xoves 23 de novembro de 2017, ás 20,00 horas, na Casa da Cultura de Pontedeume, terá lugar a presentación do libro Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de narrativaen lingua galega 2016. No acto, organizado polo Ateneo Eumés, participarán Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e a autora.

Presentación en Pontevedra de “O xogo de Babel” de Elena Gallego Abad

O xoves 23 de novembro de 2017, ás 20,00 horas, na Libraría Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro O xogo de Babel de Elena Gallego Abad. No acto acompañarán á autora,  Ramón Rozas e Manuel Bragado.

Novidade: «Onde está Nubebebé?», de Anxo Fariña. Para iniciar o contacto cos libros.

Onde está Nubebebé?, de Anxo Fariña, é unha novidade de Xerais pda colección Gliz, para iniciar o contacto cos libros. Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nubebebé. Failles a comida, dálles menciñas cando están enfermas, lelles contos cando van para a cama… e viven moitísimas aventuras. Nubebebé desapareceu, non a atopan na casa.

O alcalde de Santiago publica en Xerais, xunto ao xornalista Daniel Salgado, un libro «incómodo» que vai desde a ruptura do BNG até o 1-0 en Cataluña

O xornal dixital Galicia Confidencial recolle, con EuropaPress como fonte, a noticia da presentación pública do libro  A contradición permanente.

Unha historia chea de intriga e emoción: «Avións de papel» de Xavier Estévez. Crítica de Celia Pereira Porto

A revista Criaturas publicou unha recensión de Celia Pereira Porto sobre a novela infantil Avións de papel, de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso.   Tras a cor do silencio Aí estamos todos. Tras a cor do silencio. Lucas, Sara, Hopper, Lara, Pelocho, Bocachán, Amelia… En definitiva, os seres humanos: nenos, nenas, mulleres, homes; todos. Detrás da máscara, mergullados nasoidade, atrapados polo medo.

Magnífica novela dun tempo en que se forxou a nosa identidade cultural: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre a novela  A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais 2017.

Eli Ríos: «Os galegos temos un humor moi besta»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López á escritora Eli Ríos sobre a súa novela Luns, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Lectura de «Suite Artabria», de Manuel Lourenzo, na voz de Pepe Carreira

 O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha lectura, a cargo de Pepe Carreira, dun fragmento do libro Suite Artabria, de Manuel Lourenzo, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2016. A lectura pode escoitarse nesta ligazón.

Un libro que paga a pena, con ou sen música: «Viva Galicia Beibe (cancións 1982-2016)», de Antón Reixa. Crítica de Vicente Araguas

 O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre o libro Viva Galicia Beibe (cancións 1982-2016), de Antón Reixa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xabier P: Docampo: «A nena protagonista supera a agresión do ambiente da posguerra coa súa vocación de ser feliz»

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe de Jaureguizar sobre A nena do abrigo de astracán, a nova novela de Xabier P. DoCampo. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.