Menu Xerais

A familia de Violeta celebra o Samaín e as súas tradicións: «Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín», de Ramón D. Veiga e David Sierra

A guía de ocio infantil La Mariola publicou unha información sobre o álbum Violeta quere ser vampiro. Un conto de Samaín, de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra, que se presenta esta tarde no café Badía en Teis.

 

Violeta quere ser vampiro. Un conto do Samaín

A poucos días de celebrar o Samaín temos o conto perfecto: Violeta quere ser vampiro. Un libro escrito por Ramón D. Veiga e ilustrado por David Sierra que nos conta de maneira sinxela e divertida unha das tradicións galegas que máis nos gusta nesta casa: o Samaín (ou o Halloween).

Os máis pequenos aprenderán cómo celebra esta festa a familia de Violeta e achegaránse as tradicións de tallar calacús, facer zonchos, disfrazarse… e sobre todo, ás curiosidades do mundo dos vampiros. Atoparedes ademais inspiración para celebrar a festa nas vosas cosas: creativos pratos terroríficos, disfraces, decoración…

Máis que recomendado este libro, editado por Xerais, para ler en vésperas do Samaín. Ademais estes días podedes disfrutalo nas presentacións que haberá en Vigo, anotade as datas:

  • 31 de outubro | 19.30 horas | Presentación do libro |  Café Badía (Sanjurjo Badía, 240)
  • 1 de novembro | 17.30 horas | Festa do Samaín | Casino de Sabarís 

Deixa un comentario!