Menu Xerais

A novela «A arte de trobar», de Santiago Lopo, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros

A novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017, é o libro máis recomendado polos críticos na Tabela dos Libros do mes de novembro. A Tabela dos libros é unha valoración crítica a xeito de rankquing que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, con carácter mensual, para a que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego. Os críticos son Inmaculada Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas, Francisco Martínez Bouzas e o propio Armando Requeixo.

Toda a información sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, pode lerse nesta ligazón.

 

 

 

 

 

 

Deixa un comentario!