Menu Xerais

A visibilización dun colectivo de persoas silenciado: «22 segundos», de Eva Mejuto. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela 22 segundos, de Eva Mejuto.

 

«22 segundos» de Eva Mejuto, presentación en Pontevedra

Magnífica e emocionante resultou a presentación de 22 XG00271801segundos, a primeira novela de Eva Mejuto, celebrada onte na Casa da Luz no marco das actividades do Free Live Orgullo Pontevedra e do Día Internacional do Orgullo LGTBI. Un acto que contou coa participación de Marcos Ceive e Eric Dopazo, dous mozos trans, e da actuación do grupo musical Canela Cafuné.

Eva Mejuto expresou que a súa intención con 22 segundos foi «contribuír con toda a empatía e amor a visibilización dun colectivo de persoas até agora silenciado». Confesou que o seu interese naceu «cando vin unha reportaxe na televisión, El sexto sentido, no que se relataba a experiencia de crianzas de tres ou catro anos cuxa identidade de xénero non se correspondía co sexo asignado no seu nacemento». «Impactoume este sufrimento e o noso descoñecemento da transexualidade, asociada á marxinalidade e aos mundos da droga ou da prostitución». «Pretendín facer unha novela dirixida ao público mozo, que fose capaz de mudar entre eles esa imaxe falsa e prexuizada». Eva desvelou que a través do documental coñeceu a Viruta, un cantautor trans madrileño, por quen chegou despois a contactar co asociación Arelas de familias trans. «A partir de aí puxéronme en contacto cun grupo de whatsapp de Galiza e varios mozos, entre eles Marcos Ceive, compartiron comigo as súas vidas e as súas cicatrices, tanto as simbólicas como as reais. Coas súas testemuñas construín o personaxe de Alex, que ten un pouco

Manuel Bragado

Deixa un comentario!