Menu Xerais

A novela «As horas roubadas», de María Solar, Premio Frei Martín Sarmiento

A novela As horas roubadas, de María Solar, resultou gañadora na XIII edición dos Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos. Os premios Frei Martín Sarmiento, que chegan este ano á súa décimo terceira edición, recoñecen obras literarias en galego seleccionadas polo alumnado e as familias dos centros da Federación Española de Relixiosos do Ensino de Galicia-Centros Católicos.


A trama da novela As horas roubadas comeza coa morte dun ancián que sostén na súa man un papel coa mensaxe «Dime que me queres». Esa mensaxe destapa unha pasional historia de amor que non se apaga co paso do tempo. Ambientada na confusa España de 1979, dous anos antes da Lei do divorcio, dúas familias vense arrastradas por ese vello segredo e pola necesidade de cambiar as súas vidas. “As horas roubadas” é unha novela de personaxes que nos leva a través dos sentimentos de varias xeracións nunha época onde vivir sen ataduras era unha tarefa pendente. Unha historia que demostra que non hai idade para o amor, e que cando non facemos nada por mudar as cousas, algo insospeitado pode facer que cambien. Para sempre.

Deixa un comentario!