Menu Xerais

Cómpren iniciativas deste tipo: «XINFU na maldición guauchuky», de Adrián Morgade». Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o cómic infantil XINFU na maldición guauchuky, de Adrián Morgade.

 

XINFU na maldición guauchuky

Moi boa suxestión esta titulada XINFU na maldición guauchuky de Adrián Morgade, cómic infantil publicado por Xerais. Ben cómpren iniciativas deste tipo, xa que non é doado atoparmos cómics infantís na nosa lingua (estou pensando na serie de Marcopola e non me vén á cabeza ningún máis). Unha aventura de superheroes que non son humanos, xa que os nosos protagonistas son dous cans que vivirán aventuras grazas a un óso misterioso que nos -a eles e ao lectorado- transporta a outros mundos. Como non, a capa de superheroe non poderá faltar, aínda que veremos como un dos douos cans será quen teña a responsabilidade de levala.

Unha boa achega que agardamos siga medrando.

Deixa un comentario!