Menu Xerais

Cuarta edición do Encontro Dragal con Elena Gallego Abad no Pico Sacro

Estas semana celebrouse no Pico Sacro, unha nova edición do Encontro Dragal, coa presenza da escritora Elena Gallego Abad. Reproducimos a información e fotografía de El Correo Gallego.

 

 

Centos de estudantes participan no plan Dragal de lingua galega

O Pico Sacro acolleu o peche do programa de dinamización lingüística para os escolares // Valentín García e Ovidio Rodeiro entregaron os galardóns

O Pico Sacro acolleu hoxe o encontro que lle puxo o ramo á cuarta edición do programa de dinamización lingüística Dragal, e que emprazou os 313 estudantes e 22 profesores e profesoras dos seis centros educativos participantes para pechar as actividades programadas e desenvolvidas durante o curso escolar 2016/17.
Á entrega de premios e de diplomas acudiron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o delegado territorial Ovidio Rodeiro, quen lembraron que os obxectivos de Dragal son “promover a lectura, a investigación e a creatividade na lingua propia de Galicia”. García Gómez salientou ademais que “os traballos premiados nesta edición e o desenvolvemento das actividades durante esta xornada de encontro mostran que estamos conseguindo os nosos propósitos”.
A canda eles, interviñeron no acto o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín; o director da empresa colaboradora RAMSA, Rafael Fuentes Martín; e a escritora Elena Gallego.

Deixa un comentario!