Menu Xerais

Diego Alfonsín, Premio Lueiro Rey de Novela Curta con «Non o saben as estrelas»

O escritor Diego Alfonsín Rivero (Tui, 1980) resultou vencedor este luns do Premio Lueiro Rey de Novela Curta que concede o Concello do Grove coa novela Non o saben as estrelas, unha obra que, a xuízo do xurado, destaca pola súa «orixinalidade do seu traballo, polo seu carácter innovador e a súa capacidade para envolver o lector na historia que narra, así como pola redacción e a súa trama». O galardón, dotado con tres mil euros, recoñece primeira obra literaria en galego de Diego Alfonsín, profesor de Lingua e Literatura española no IES Guadarrama, en Madrid, que xa recibira o Premio de Novela Miguel de Unamuno 2015 pola súa obra Lenta demoliciónO xurado do Premio Lueiro Rey de Novela estaba conformado por Manuel Quintáns Suárez como presidente, Anxela Gracian, Mario Regueira, Lionel Rexes, Manuel Bragado e Armando Requeixo.

A novela gañadora, Non o saben as estrelas, de Diego Alfonsín, será publicada por Xerais na colección Narrativa en 2018. (Foto do autor de Faro de Vigo)

 

Deixa un comentario!