Menu Xerais

Elena Gallego: «Non se pode normalizar unha lingua e non escribir nunca “Quérote”».

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela O xogo de Babel, de Elena Gallego Abad.

 

«O xogo de Babel» de Elena Gallego

Resumiuno de marabilla Elena Gallego nunha frase pronunciada onte na presentación en Bueu d’ O xogo de Babel: «Non se pode normalizar unha lingua como a galega e non escribir nunca “Quérote”». A autora de Dragal explicaba así as razóns de ofrecer unha novela centrada na historia dun triángulo amoroso, afastada do politicamente correcto e capaz de sorprender pola súa estrutura complexa e os xiros constantes da súa trama. E abofé que Elena amosa que é unha narradora arriscada publicando o que lle peta e procurando gañar novos públicos para a nosa narrativa. O xogo de Babel transita polos vieiros da novela de viaxes e da novela romántica, localizada nun tempo preciso, xusto o anterior ao da creación das redes sociais, o que lle ofrece outro valor engadido. O xogo de Babel é unha obra que o mestre Anxo González Guerra cualificou de «novela de amores que se le dunha tirada». Unha aposta de Elena Gallego moi traballada. O amor e o desamor tamén poden formar parte da nosa narrativa.

Manuel Bragado

Deixa un comentario!