Menu Xerais

«Fred Quincalla, o nómade do mar» e Teresa González Costa, no Club Lendo Contigo de Espazo Lectura en Gondomar

A novela infantil Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa, centrará o sábado 28 de outubro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, coa presenza da autora, Teresa González Costa. A novela está ilustrada por  Marina Seoane e publicado na colección Sopa de Libros.

 

 

 

A escritora Teresa González Costa, no primeiro Lendo Contigo da tempada que estrea booktuber propio: «Luisiño»

Lendo Contigo comeza unha nova tempada acompañado de Fred Quincalla, o nómade do mar, e da súa autora, Teresa González Costa. Nesta historia, LeopoldaDiéguez, narradora e facedora de artes máxicas e o Gran Gogol, cociñeiro e fuxitivo da inxustiza, fálannos sobre Fred Quincalla, un autómata moi especial que remata por se converter nunha auténtica lenda.
A sesión celebrarase na Casa da Lectura o sábado 28 de outubro ás 12:00h, e para ir abrindo apetito lector, presentámosvos a Luisiño, o booktuber do Lendo Contigo! Agardámosvos!!

Deixa un comentario!