Menu Xerais

Novidade: «O valo», de Carlos Labraña, IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil

O valo, de Carlos Labraña, ilustrado por Nuria Díaz, é unha novidade da Biblioteca Dramática galega, coeditada por Xerais e AGADIC.

IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil, 2016

No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, o Soldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, a rosa do deserto, unha rapaza abandonada, que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede. Xaora, sentados de costas, mirando as estrelas fugaces no firmamento, Sahara e o Soldadiño comparten idéntico ceo e comprenden que só na procura dos seus soños atoparán a liberdade.Peza dun único lance para dous personaxes, “O valo” propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2016, o xurado salientou “o carácter sobresaliente” desta peza que ten a guerra de Siria como pano de fondo.

Deixa un comentario!