Menu Xerais

O alumnado do CPI Viaño Pequeno opina sobre as lecturas no blog da biblioteca

O blog da Biblioteca de Secundaria do CPI Viaño Pequeno de Trazo publicou diversas opinións do alumnado sobre libros publicados por Xerais. É o caso de Agosto do 36, de Xosé Fernández Ferreiro, cunha recensión feita por Samuel Vieites Abelenda (4º ESO); de Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz, cunha recensión feita por Laura Pena Gutiérrez (3º ESO); de A neve interminable, de Agustín Fernández Paz, cunha recensión feita por María Gigirey Iglesias (3º ESO); de Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, cunha recensión feita por Martín Dafonte Rodríguez (3º ESO); de Pel de lobo, de Xosé Miranda, tamén cunha recensión feita por Martín Dafonte Rodríguez (3º ESO); e de Asústate, Merche!, de Fina Casalderrey, cunha recensión feita por Vannia Antelo  Iglesias (3º ESO);

 

 

Deixa un comentario!