Menu Xerais

Arquivo anual: 2017

Do mellor publicado no 2017 que remata: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Berta Dávila

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública unha recensión crítica sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. (Foto de José Manuel Casal / La Voz de Galicia). Decembro de libros: «A nena do abrigo de astracán» Que Xabier P. Docampo é un narrador de raza é algo que non pode ser sorpresa, nesta altura, para ninguén.

Poética de identidade: «A cadencia da fractura», de Isaac Xubín. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre o libro de poemas A cadencia da fractura, de Isaac Xubín, Premio Lueiro Rey de Poesía. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Sinatura ilustrada de “Os arquivos secretos de Escarlatina” e “A señorita Bubble” en Vigo

O venres 22 de decembro, a partir das 17:30 horas, na librería Librouro,  rúa Eduardo Iglesias, 12, Vigo, a escritora Ledicia Costas e os ilustradores Víctor Rivas e Andrés Meixide, farán unha sinatura ilustrada nos libros Os arquivos secretos de Escarlatina e A señorita Bubble.

Presentación en Vigo de “Luns” de Eli Ríos

O xoves 21 de decembro ás 20:00 horas, na libraría Cartabón, rúa Urzáiz, 125,  Vigo, terá lugar a presentación do libro Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega, 2016. No acto participarán Paula Gómez del Valle, David Cortizo e Eli Ríos.

Recensión sobre o «Atlas arqueolóxico da paisaxe galega» na revista Trabajos de prehistoria, do CSIC

 A revista Trabajos de prehistoria, do CSIC, publicou unha recensión crítica de Dr. Raimon Graells i Fabregat sobre o Atlas arqueolóxico da paisaxe galega, de Felipe Criado Boado, César Parcero Oubiña, Carlos Otero Vilariño, Elena Cabrejas Domínguez e Anxo Rodríguez Paz. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Oficio e sabedoría narrativa nunha novela poderosa, memorable: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Nicolás Vidal

 A revista Aí publicou unha recensión crítica de Nicolá Vidal sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Videopoema de Lois Pérez recitando «A miña terra, a nosa terra», do seu libro Long Play

O poeta e contacontos Lois Pérez deu a coñecer un videopoema a partir do texto de «A miña terra, a nosa terra», do seu libro Long Play, co música do «Sweet Home Alabama» empregada por Siniestro Total para «Miña Terra Galega».

Un símbolo para o cambio social na defensa dos dereitos das mulleres: «O lapis máxico de Malala», de Malala Yousafzai. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre  O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai.

Unha utopía que podería ambientarse en Galicia: «Crónica Córnica» de Francisco Coimbra. Crítica de Malores Villanueva

 O programa Chamando á terrra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Malores Villanueva sobre a novela Crónica Córnica, de Francisco Coimbra, Finalista do Premio Xerais de Novela 2016. A opinión crítica pode escoitarse nesta ligazón.

O alumnado do CPI Viaño Pequeno opina sobre as lecturas no blog da biblioteca

O blog da Biblioteca de Secundaria do CPI Viaño Pequeno de Trazo publicou diversas opinións do alumnado sobre libros publicados por Xerais.

O cómic «Astérix en Italia», centrará este sábado a sesión do Club Lendo Contigo de Espazo Lectura

O cómic Astérix en Italia, de René Goscinny,  Albert Uderzo, Jean-Yves Ferri e Didier Conrad, centrará o sábado 16 de decembro a sesión do Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura. Reproducimos tamén o vídeo elaborado por Espazo Lectura para esa sesión.

A novela «Ten o seu punto a fresca rosa», de María Xosé Queizán, no Club de Lectura LGTB Queeruña

O Club de Lectura LGTB Queeruña realiza a súa sesión do mes de decembro en torno á novela Ten o seu punto a fresca rosa, de María Xosé Queizán   Unha novela fresquísima para decembro Como imos, queeruñxs? Seguro que moitxs case rematando a nosa vindeira lectura, Ten o seu punto a fresca rosa.