Menu Xerais

Arquivo anual: 2017

Eva Mejuto estará mañá sábado no Comando Le de Espazo Lectura en Gondomar con «22 segundos»

Un encontro coa escritora de Eva Mejuto, en torno ao seu libro 22 segundos, centra a sesión de mañá sábado 16 de decembro do Comando Le de Espazo Lectura, unha actividade dirixida para mozos e mozas adolescentes en horario nocturno (de 20:00h a 00:00h).

Maxistralmente contado: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. (Foto de José Manuel Casal / La Voz de Galicia)   ¿Queres conquistar unha illa misteriosa? A obra «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. Docampo, retrata a vida cotiá dunha vila galega de posguerra.

Narrar con mestría, cunha lingua rica e cun xeito divertido: «Erros e Tánatos», de Gonzalo Navaza. Crítica de Diana Pastoriza

O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre o libro de relatos Erros e Tánatos de Gonzalo Navaza, que leva vendidas 23 edicións.   Letters in Books: Erros e Tánatos Unha nova recomendación de Nacho Rodiño lévame de volta ao fantástico mundo de Gonzalo Navaza.

Xabier P. Docampo: «A proba de que a posguerra non está esquecida é que non somos capaces de enfrontarnos a ela»

O xornal La Opinión publicou unha entrevista de Alicia Pardo ao escritor Xabier P. DoCampo, que fala sobre a súa nova novela, A nena do abrigo de astracán. (Foto: Víctor Echave)   «A proba de que a posguerra non está esquecida é que non somos capaces de enfrontarnos a ela» «Tratamos de que as vítimas permanezan nas cunetas.

X. L. Méndez Ferrín: «En realidade nunca deixei de estar na oposición e polo tanto de arelar un réxime de liberdade de expresión pleno»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor X. L. Méndez Ferrín pola concesión do Premio Voz de Liberdade que concede o Centro-Pen Galicia. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Adrián Morgade: «Un debuxante de cómic debe debuxar, debuxar e debuxar ata dar coa imaxe que quere»

 O Diario de Pontevedra publicou unha reportaxe de Belén López a Adrián Morgade, autor de XINFU na maldición guauchuky, publicado na colección Merlín Cómic.. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A honestidade de Lois Pérez: o libro de poemas «Long Play». Artigo de Jaureguizar

O xornal El Progreso publicou un artigo de opinión de Jaureguizar no que fala sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez. A parte do artigo referida ao libro pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “Long Play” de Lois Pérez

O mércores 20 de decembro de 2017, ás 20,00 horas, na Casa das Crechas, Vía Sacra, 3 de Santiago, terá lugar a presentación do libro Long Play de Lois Pérez. No acto participarán Uxía, Fran Alonso e Lois Pérez e recitarán tamén os Long Players: Xiana Arias, O Leo Arremecághona e Marcos Lorenzo.

Presentación en Pontevedra de “A arte de trobar” de Santiago Lopo

O mércores 20 de decembro de 2017 ás 20:00 horas, no Salón de Actos d’ A Casa das Campás, Rúa Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación da novela A arte de trobar de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017 No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, participarán Kiko da Silva, Xaime Toxo, Manuel Bragado e o autor.

Presentación en Vigo de “As cousas que non queremos oír” de María Reimóndez

O martes 19 de decembro de 2017, ás 20:00 horas, na libraría Andel, avda Camelias, 102 de Vigo, terá lugar a presentación da novela As cousas que non queremos oír  de María Reimóndez. No acto participarán Eva Mejuto, Manuel Bragado e a autora.

Diego Alfonsín, Premio Lueiro Rey de Novela Curta con «Non o saben as estrelas»

O escritor Diego Alfonsín Rivero (Tui, 1980) resultou vencedor este luns do Premio Lueiro Rey de Novela Curta que concede o Concello do Grove coa novela Non o saben as estrelas, unha obra que, a xuízo do xurado, destaca pola súa «orixinalidade do seu traballo, polo seu carácter innovador e a súa capacidade para envolver o lector na historia que narra, así como pola redacción e a súa trama».

Unha novela para regalar(se) nestas datas: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes. Crítica de Armando Requeixo

 O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre a novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes, Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.