Menu Xerais

Arquivo anual: 2017

Elas construíron a cidade: «Calendario 2018. Mulleres», de Pacheco. Recensión de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión sobre o Calendario 20018. Mulleres, de Pacheco.   Calendario 2018.

Educación, igualdade e esperanza: «O lapis máxico de Malala», de Malala Yousafzai. Recensión en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai.   O lapis máxico de Malala O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai, con ilustracións de Kerascoët , na nosa lingua grazas á editorial Xerais: cando un lapis máxico se converte nun de verdade paraescribir un mundo novo.

M. Lourenzo González: «A aventura da novela ‘Ceiba de luz’ é unha viaxe científica a través da selva»

 Pontevedra Viva Radio emitiu unha entrevista con Manuel Lourenzo González sobre a súa novela Ceiba de Luz, Premio Jules Verne 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Charla-coloquio arredor de “Os fillos do lume” de Pedro Feijoo

O luns 18 de decembro de 2017 ás 20:00 horas, organizado polo Club Faro de Vigo, terá lugar a charla-coloquio titulada “A Reconquista: unha mirada diferente á historia de Vigo” que impartirá Pedro Feijoo, autor de Os fillos do lume. Presenta o acto Manuel Bragado.

Adrián Morgade: «Gústame que os malvados dos meus cómics sexan moi escuros, coma os de Batman»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo e o xornal La Opinión publicaron unha entrevista de Lourdes Varela a Adrián Morgade, sobre o seu cómic infantil XINFU na maldición guauchuky. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Unha novela recomendable sobre as liberdades e os camiños para conquistala: «A raíña das velutinas», de Lionel Rexes. Crítica de Pilar Ponte

 O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, e o xornal La Opinión publicaron unha recensión crítica de Pilar Ponte sobre a novela A raíña das velutinas, de Lionel Rexes, Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Arquivos atractivos e amenos: «Os arquivos secretos de Escarlantina», de Ledicia Costas. Recensión de X. F.

La Voz de Galicia publicou unha recensión de X. F. sobre Os arquivos secretos de Escarlatina, de Ledicia Costas. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A agulla que soa no papel e na imaxinación: «Long Play», de Lois Pérez. Crítica de Diana Pastoriza

O blog Palabras de man ao corazón, de Diana Pastoriza, publicou unha recensión sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez.

Novidade: «Calendario Xerais 2018. Mulleres», de Pacheco

O Calendario 2018. Mulleres, de Pacheco, é unha novidade anual de Xerais. Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que inclúe festivos e fases da lúa) con 12 fotografías do fotógrafo Jaime de Sousa Guedes Pacheco. O legado fotográfico do Arquivo Pacheco é un prodixio. Ten ese don de ofrecernos a paisaxe urbana primixenia. Mais tamén un tempo e un xeito de vivir.

Eva Mejuto: «O distinto asusta. Comprender que a sexualidade é ampla resulta complicado»

O xornal La Opinión publicou unha entrevista de Alicia Pardo a Eva Mejuto, sobre a súa novela  22 segundos, de Eva Mejuto, publicada na colección Fóra de Xogo. (Foto: Carlos Pardellas)     «O distinto asusta. Comprender que a sexualidade é ampla resulta complicado» “Notei certa reticencia nalgúns institutos á hora de tratar o tema da transexualidade.

Lois Pérez: «Nestes tempos de churrasquización amable do pensamento é moi común a usurpación do sentido das palabras»

O xornal El Progreso publicou unha reportaxe de Marta Veiga sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Este álbum é unha preciosidade: «O lapis máxico de Malala», de Malala Yousafzai. Recensión de Antonio García Teijeiro

O escritor Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e aloumiños unha recensión sobre o libro O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai.