Menu Xerais

Arquivo anual: 2017

Xabier P. Docampo: «Cheguei a un punto en que tiña tanta documentación que non era quen de escribir a novela»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou ao escritor Xabier P. DoCampo, que fala sobre a súa nova novela, A nena do abrigo de astracán. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Ledicia Costas: «A Señorita Bubble é unha inventora bastante extravagante, creada desde o humor e a tenrura»

 O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista con Ledicia Costas sobre a novela A señorita Bubble, da escritora Ledicia Costas. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón (m. 2’48).

Presentación en Chantada de “A Ribeira Sacra. Guía práctica” de Manuel Garrido

O sábado 16 de decembro ás 12:30 horas, en Vía Romana, adegas e viñedos, A Ermida-Belesar, s/nº en Chantada, terá lugar a presentación do libro A Ribeira Sacra. Guía práctica de Manuel Garrido. No acto participarán Juan Luis Méndez, xerente de Adegas e Viñedos Vía Romana; Manuel Varela, alcalde de Chantada e Manuel Garrido, autor.

Presentación en Lugo de “A raiña das velutinas” de Lionel Rexes

O venres 15 de decembro de 2017, ás 20:30 horas, no local da Asociación Cultural Cultura do País, Carril das Hortas, 1 baixo, en Lugo, terá lugar a presentación da novela  A raíña das velutinas de Lionel Rexes, Premio Manuel Lueiro Rei de novela curta 2016.

Presentación en Ordes de “Luns” de Eli Ríos

O venres 15 de decembro de 2017, ás 20:30 horas, no Museo do Traxe de Ordes, terá lugar a presentación do libro Luns de Eli Ríos, Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega 2016. No acto participarán Goretti Sanmartín Rei, vicepresidenta da Deputación da Coruña; Ramón Vilar, xornalista e escritor e a autora.

Presentación na Illa de Arousa de “Cociña galega tradicional” de Matilde Felpeto

O venres 15 de decembro de 2017, ás 19:00 horas, na tenda Gradisela, Congostra do Rico, 20, na Illa de Arousa, terá lugar a presentación do libro Cociña galega tradicional de Matilde Felpeto. No acto participarán Matilde Felpeto e Manuel Bragado.

Artigo de Jaureguizar sobre «A contradición permanente», de Martiño Noriega e Daniel Salgado

 O xornal El Progreso publicou un artigo de opinión de Jaureguizar sobre o libro A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), de Martiño Noriega e Daniel Salgado. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Unha obra maior: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Martin Pawley

O blog Acto de Primavera publicou unha recensión de Martin Pawley sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo.   A nena do abrigo de astracán Transcorreron quince anos desde que prendeu a idea até a obra final, que vén de chegar ás librarías, mais xa se pode dicir con claridade: pagou a pena o esforzo e a espera. A nena do abrigo deastracán, o novo libro de Xabier P.

Dous libros marabillosos e inclasificables de Ledicia Costas. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico e escritor Ramón Nicolás publicou en Caderno da crítica unha recensión crítica sobre a novela A señorita Bubble e o álbum Os arquivos secretos de Escarlatina, ambos os dous libros da escritora Ledicia Costas.

A arquitectura poética das abellas: «O cuarto das abellas», de Antía Otero. Crítica de Alba Cid

O programa Chamando á terra, da Radio Galega, emitiu unha opinión crítica de Alba Cid sobre o libro de poemas O cuarto das abellas, de Antía Otero, así como outro de Elvira Riveiro. A crítica pode escoitarse nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “O Códice esmeralda” de Alberte Blanco

O venres 15 de decembro de 2017, ás 20:oo horas, no Salón de Actos d’A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 de Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O Códice esmeralda de Alberte Blanco. No acto, organizado pola Asociación Cultural Maio Longo e Xerais, participarán Anxo González Guerra, Manuel Bragado e Alberte Blanco.

Xurxo Souto e Kirmen Uribe nos “XIV Encontros con escritores” da UNED da Coruña

O xoves  14 de decembro ás 18:30 h. no Salón de actos de la Uned, rúa Educación, 3 da Coruña, terá lugar unha nova sesión do ciclo “XIV Encontros con escritores”. Ese día participan Xurxo Souto, autor de Contos do mar de Irlanda e Kirmen Uribe, autor de A hora de espertarmos xuntos que conversarán con Javier Pintor e Xavier Seoane.