Menu Xerais

Arquivo anual: 2017

Presentación en Pontevedra de “A cadencia da fractura” de Isaac Xubín

O xoves 14 de decembro de 2017, ás 20:00 horas, na librería Paz, rúa Peregrina, 29, Pontevedra, terá lugar o recital poético-presentación do libro A cadencia da fractura de Isaac Xubín.

Presentación en Ourense de “A contradición permanente” de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O mércores 13 de decembro de 2017, ás 20:30 horas na Agrupación Cultural Auriense, praza do Correxedor, 11 de Ourense, terá lugar a presentación do libro A contradición permanente de Martiño Noriega e Daniel Salgado. No acto participarán Martiño Xosé Vázquez, Uxío Novoneira Rei, Martiño Noriega e Daniel Salgado.

Presentación en Santiago de “A cadencia da fractura” de Isaac Xubín

O mércores 13 de decembro ás 20:00 horas en Chan da Pólvora, rúa de San Pedro, 74, Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro A cadencia da fractura de Isaac Xubín. Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, 2017 No acto participarán Isaac Xubín e Armando Requeixo.

Presentación na Coruña de “A nena do abrigo de astracán” de Xabier P. DoCampo

O mércores 13 de decembro de 2017, ás 19:30 horas, na librería Lume, rúa Fernando Macías, 3 A Coruña, terá lugar a presentación da novela A nena do abrigo de astracán de Xabier P. DoCampo. Conversarán Xabier P. DoCampo e Manuel Bragado.

Cómpren iniciativas deste tipo: «XINFU na maldición guauchuky», de Adrián Morgade». Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o cómic infantil XINFU na maldición guauchuky, de Adrián Morgade.   XINFU na maldición guauchuky Moi boa suxestión esta titulada XINFU na maldición guauchuky de Adrián Morgade, cómic infantil publicado por Xerais.

Unha excelente novela: «A nena do abrigo de astracán», de Xabier P. DoCampo. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión sobre a novela A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo. Aqueles anos 40 e as tres mortes Tiña catro anos cando Susana vai vivir cos padriños a Ribadeínsua. Ela e Aurelio, que traballará nos almacéns da familia, e tamén Fernando, mais este non vivirá na casa dos padriños de Susana:irá ao seminario para facerse cura.

Un tema apaixonante para un historia de camiños cunha trama eficaz: «A arte de trobar», de Santiago Lopo. Crítica de Chus Nogueira

 O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre a novela A arte de trobar, de Santiago Lopo, Premio Xerais de Novela 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un marabilloso agasallo estrela para o Nadal: «Os arquivos secretos de Escarlantina», de Ledicia Costas. Recensión en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha recensión sobre Os arquivos secretos de Escarlatina, de Ledicia Costas.

Presentación na Coruña dos poemarios “Culpable” de Eli Ríos e “s/t” de Emma Pedreira

O martes 12 de decembro ás 20:30 horas, na Asociación Veciñal da Agra de Orzán, rúa Entrepenas 38 soto na Coruña, terá lugar a presentación dos poemarios Culpable de Eli Ríos e s/t de Emma Pedreira, Premios de Poesía González López Abente. No acto, organizado en colaboración coa livraria Suévia, participarán Fran Alonso e as autoras.

Divertidos e áxiles de ler: «Cincenta e as zapatillas peludas» e «Brancaneves e os 77 ananiños», de Davide Cali

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública unha recensión sobre os álbums ilustrados Cincenta e as zapatillas peludas e Brancaneves e os 77 ananiños, de Davide Cali.

Santiago Lopo: «Quería poñer en valor a figura das trobadoras en Galicia»

 O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista de Ana Romaní ao escritor Santiago Lopo sobre a novela  A arte de trobar, Premio Xerais 2017. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Que ocorreu na esquerda nos últimos cinco anos? Unha crónica incómoda: «A contradición permanente», de Martiño Noriega e Daniel Salgado

O xornal El País publicou unha reportaxe de Sonia Vizoso sobre o libro A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), de Martiño Noriega e Daniel Salgado.