Menu Xerais

Arquivo anual: 2017

Unha novela de vivencia enriquecida: «Todo ser humano é un río», de Manuel Veiga. Crítica de César Lorenzo

A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de César Lorenzo Gil sobre a novela Todo ser humano é un río, de Manuel Veiga Taboada. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Cen anos despois da Revolución de 1917: «Bolxeviques 1917-2017», coordinado por Teresa Moure

Sermos Galiza publicou unha información asinada por R. C. sobre o libro Bolxeviques 1917-2017, coordinado por Teresa Moure.

Un libro recomendable sobre os anos convulsos: «A prensa en Galicia na Transición», de Marcos Pérez Pena. Crítica de Gustavo Hervella

A revista Tempos Novos publicou unha recensión crítica de Gustavo Hervella García sobre A prensa en Galicia na Transición, de Marcos Pérez Pena. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un novo clásico, delicioso e máxico: «Quen dá a quenda?», de Héctor Cajaraville. Crítica de Daniel Landesa

A revista Criaturas publicou unha recensión de Daniel Landesa sobre o libro Quen dá a quenda?, de Héctor Cajaraville, ilustrado por Ignacio Herández.   Narrar coa habelencia dos clásicos “Un Rodari!”, Coido que esa foi a exclamación que se escoitou no meu edificio cando tiven a oportunidade de ler as historias de Divina Sandamil alá polo mes de abril do ano 2015.

Mar Guerra: «Hai moi pouca información sobre o papel da muller na sociedade castrexa, pero os conflitos humanos e as paixóns son os mesmos»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Rodri García á escritora Mar Guerra sobre a súa nova novela, Norteáns. (Foto: Paco Rodriguez).

As aventuras dun personaxe universal: «Nemo. O rapaz sen nome», de Davide Morosinotto. Crítica de X. F.

La Voz de Galicia publicou unha recensión de X. F. sobre Nemo. O rapaz sen nome, unha novela xuvenil do escritor italiano Davide Morosinotto traducida por María del Carmen Alonso Seisdedos. A recensión pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Presentación en Ponteareas de “Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta” de Ledicia Costas

O venres, 13 de xaneiro, 2017,  ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Ponteareas,  terá lugar a presentación do libro Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas.

Intensa, desacougante e incisiva: «Non hai outro camiño», de Isaac Xubín. Crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión  sobre a novela Non hai outro camiño, de Isaac Xubín. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Presentación en Pontevedra de “Follas novas” de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira

O xoves, 12 de xaneiro, 2017, ás 20,00 horas, no Salón de Actos d’ A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11, Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira. No acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, intervirán Xaime Toxo, Manuel Bragado e Anxo Angueira.

A beleza emociona aínda no inferno: «O amor nos escuros días de Birkenau» de Alberto Canal. Crítica de X. M. Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en tránsito unha recensión crítica sobre  a novela O amor nos escuros días de Birkenau, de Alberto Canal.

O valor da memoria e as palabras: «Todo o tempo do mundo», de David Pérez Iglesias. Crítica de Alba Piñeiro

Alba Piñeiro publicou no blog Versos e Aloumiños unha recensión sobre a novela Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, ilustrada por Marcos Viso,  Premio Merlín de Literatura Infantil 2016.   «Todo o tempo do mundo», de David Pérez Iglesias Todo o tempo do mundo é o último premio Merlín (2016) que Xerais lles achega ao público infanto-xuvenil, pero co que os adultos tamén gozarán.

Presentación en Ourense de “O inspector e mais eu” de Ignacio Vidal Portabales

O mércores, 11 de xaneiro, 2017, ás 20:00 horas, na librería Espacio Lector Nobel, rúa Concordia, 8, Ourense, terá lugar a presentación da novela O inspector e mais eu de Ignacio Vidal Portabales. No acto participarán Delfín Caseiro, Catedrático de Lingua e Literatura Galegas, Manuel Bragado e o autor.