Menu Xerais

Arquivo anual: 2017

Héctor Cajaraville: «A caixiña dos rancores é unha historia de amizade entre unha muller maior e dous adolescentes»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Héctor Cajaraville, sobre as súas dúas últimas novelas infantís, entre elas,  A caixiña dos rancores, subtitulada Vidas cruzadas, Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil. A entrevista pode verse nesta ligazón.

A Ribeira Sacra, espazo literario de autores como Dolores Redondo e Xabier Quiroga. Artigo de Manuel Bragado en Faro de Vigo

O editor Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no Faro de Vigo un artigo, que tamén recolle no seu blog, sobre a Ribeira Sacra literaria, escenario de diversas novelas do escritor Xabier Quiroga e da recentemente publicada novela Todo isto che darei de Dolores Redondo.

Eli Ríos: «Na novela a voz é das mulleres, que son super-mulleres, super-nais; é necesario crear para elas redes de afecto e solidariedade»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista coa escritora Eli Ríos, gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa coa novela Luns. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Voz persoal e agarimosa nunha marabilla de narración: «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta», de Ledicia Costas. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas.     Recensión: Ledicia Costas, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta Todos tivemos nalgún momento das nosa vidas acceso a brillantes novelas de aventura.

Paco Martín: «Este é un libro sobre persoas, pero cada persoa ten o seu xeito de levar o paraugas»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co escritor Paco Martín, sobre o seu libro de relatos De paraguas, escrito a partir de fotografías de Daniel Puente Bello. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Dolores Redondo: «Quen lea a miña novela percibirá que namorei da Ribeira Sacra»

La Voz de Galicia publicou unha reportaxe de Francisco Albo sobre a novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016. (Fotografía de Roi Fernández).

Crítica en catalán do profesor Pere Comellas sobre «De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal», de Mercedes Queixas

Pere Comellas, profesor de Estudos Portugueses da UB, publicou no Blog de l’ Escola de Llibreria unha recensión crítica sobre o libro De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal, de Mercedes Queixas, subtitulado «Breve historia da literatura galega».     De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .

O Taboleiro do libro galego publica o listado dos libros máis vendidos no ano 2016

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboleiro do Libro galego, que nesta ocasión recolle un resumo dos libros máis vendidos durante o ano 2016 a partir da información proporcionada polas librarías galegas. Numerosos libros de Xerais figuran nas listas:   NARRATIVA 1º-. Manuel Rivas,  O último día de Terranova,  Xerais. 4º-. Xabier Quiroga, Izan o da saca, Xerais. 5º-.

Unha alfaia, un libro gamberro, con referencias de cultura popular e ‘alta’ cultura: «Galería de saldos» de Diego Giráldez. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre o libro  Galería de saldos, de Diego Giráldez.     Recensión: Diego Giráldez, «Galería de Saldos» Hoxe imos facer algo diferente, un experimento. En vez de que o lector, eu poñamos por exemplo, poida dicir algo da publicación, imos deixar que o autor sexa quen a priori diga algo da súa obra.

Antía Otero: «É horrible que nas autoras o evento da súa escrita non se busque na súa escrita senón fóra dela»

Sermos Galiza publicou unha entrevista de Noelia Gómez a Antía Otero sobre o seu  libro de poemas O cuarto das abellas, de Antía Otero.   ANTÍA OTERO, POETA E EDITORA «O rural non está en fase de desaparición, o rural morreu» A poeta, editora e actriz, Antía Otero, vén de publicar ‘O cuarto das abellas’, o seu terceiro poemario, no que regresan ideas que xa se cocían nas obras anteriores.

Dolores Redondo: «Hai poucos lugares que conxuguen a beleza da paisaxe e o orgullo da xente»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela Todo isto che darei de Dolores Redondo, Premio Planeta, 2016.     Dolores Redondo presenta «Todo isto che darei» na Ribeira Sacra Intensa xornada a de onte na Ribeira Sacra na que presentamos Todo isto che darei, a versión galega da novela de Dolores Redondo gañadora do Premio Planeta 2016.

Fina Casalderrey: «Gústanme as historias que teñen un pé na realidade»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Casanova coa escritora Fina Casalderrey.   «A mellor empanada é a miña» Fina Casalderrey, mestra e escritora, recoñece que a lectura nunca foi unha afección de masas, «é un gozo, si, pero un gozo que esixe un esforzo» Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) recíbeme nun estudio deslumbrante, tanto polas vistas como polas lembranzas que o adornan.