Menu Xerais

Iº Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade

Presentáronse onte en Villaba as bases do Iº Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, promovido polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e o concello de Vilalba, coa colaboración de Edicións Xerais de Galicia.

No premio poderán participar todas as persoas que presenten narracións inéditas en lingua galega dirixidas ao público infantil e xuvenil, cunha temática vencellada ao compromiso pola igualdade de xénero, raza, nacionalidade…

O autor ou autora da obra gañadora, que será publicada por Xerais en 2018, recibirá 3.000 €.

O prazo de presentación do orixinais ábrese o 23 de abril, día internacional do libro, pechándose o 12 de xullo de 2017, coincidindo co primeiro cabodano do pasamento de Agustín Fernández Paz.

O xurado emitirá o seu ditame no mes de outubro.

Os orixinais remitiranse a:

INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS
Iº Premio AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade
Casa da Cultura
Praza de Suso Gayoso, 1
Apartado de Correos nº 39
27800 Villaba

As bases en pdf poden descargarse aquí.

 

Deixa un comentario!