Menu Xerais

Tenrura con intriga: «Muriel», de María Canosa. Crítica en Trafegando ronseis do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a novela infantil Muriel, de María Canosa, ilustrada por Lucía Cobo, Premio Merlín de Literatura Infantil 2017.

 

 

«Muriel», de María Canosa

Tenrura cunha miaxiña de intriga é a fórmula que utiliza María Canosa para presentarnos unha obra merecente do Premio Merlín de Literatura Infantil 2017 que vén de publicar Xerais baixo o título Muriel, conilustracións de Luz Cobo. Un libro brillante que convida a soñar, a sorrir, a crer. María Canosa consegue unha vez máis que cada palabra encaixe nun seu lugar para que o lectorado sexa seducido pola historia e pola imaxianación, pero sobre todo pola esperanza. É esa esperanza a que sostén a tristura da perda dun ser querido, dun ser especial que podería significar case a esencia da vida. Ás veces, pode resultar tan difícil vivir a vida! E isto a calquera idade. Porque o noso protagonista é un neno, un neno que sofre e un neno que quere saír adiante, que amosa a súa afouteza entre a sensibilidade de acotío, esa que lle permite mirar o ceo, as nubes, os animais, os humanos, coa certeza de que se pode crer neles. E canto necesitamos crer! Necesitamos crer que hai algo máis, que cando cae unha parte de nós a outra parte poderá revivila, sexa polo medio que sexa. Ás veces, este medio é un descoñecido, un misterio, unha luz. Algo que escintila no universo e que ollamos coa insistencia da sedución. Esa que sostén un carballo. Que non nolo queimen.

Deixa un comentario!