Menu Xerais

Un libro tesouro-cheo de xogos: «Os arquivos secretos de Escarlantina», de Ledicia Costas. Recensión de Berta Dávila

A escritora Berta Dávila publicou no xornal dixital Praza Pública unha recensión sobre Os arquivos secretos de Escarlatina, de Ledicia Costas.

 

Novembro de libros: contos para días de chuvia

Non é cousa de queixarse da chuvia en novembro, mais semella que chegaron os días nos que o único xeito confortable de saír a vivir aventuras por aquí e por alá é mergullarse (e nunca mellor dito) noslibros. É por iso que traemos media ducia de contos que son propostas de lecer para os pequenos da casa, para os menos pequenos, ou para compartilas todos xuntos.

Os arquivos secretos de Escarlatina, Ledicia Costas e Víctor Rivas Xerais é un libro-tesouro para quen bota de menos visitar de novo o universo marabilloso e personalísimo de Escarlatina, a cociñeira defunta. Pero non só. Este formato libro obxecto vén cheo de xogos, complicidades co lector, novas receitas, preguntas que quedaron sen resolver, un enigma que descifrar, os textos atrapadores de Ledicia Costas e as ilustracións simbióticas de Víctor Rivas. Un libro capaz de facer moi felices aos seguidores da cociñeira defunta e tamén de sumar seguidores novos.

Berta Dávila

Deixa un comentario!